O Poio Pescamar perde no último segundo ante o Penya Esplugues (3-2)
Por Redacción
Despois de dúas derrotas consecutivas, o Poio Pescamar chegou á novena xornada de liga coa necesidade de volver á boa dinámica e recortar distancias coa parte alta da táboa. Nesta ocasión, tocoulles ás pontevedresas medirse ao Penya Esplugues, un dos pesos pesados de Primeira Feminina. Con todo, non foi un bo día para as de Dani Díaz.
O encontro xa comezou coa vantaxe das locais aos 3 minutos do asubío inicial. Foi Celia quen tomaba as rendas do marcador nunha boa transición ofensiva das catalás. O gol espertou ás de Poio, que tentaron igualar o partido. Neste caso, optaron por engadirlle velocidade ao seu xogo, facéndose así máis perigosas para as do Esplugues. Os dous conxuntos tiveron varias oportunidades de anotar, pero sen acerto. Desta forma, o partido foise ao descanso coa vitoria local, polo momento.
O paso polos vestiarios sentou ben ao Poio Pescamar, que nos primeiros minutos da segunda parte creou posibilidades de empate ante un Esplugues que loitaba por aumentar a súa renda. O primeiro gol visitante foi de Iris en propia porta nun intento por despexar un tiro poiense a portería (1-1).
As locais subiron intensidade, dificultando a efectividade galega na pista. Nun saque de esquina, o Poio dáballe a volta ao marcador cun potente disparo de Iria (2-1). A partir dese momento, as catalás preferiron o xogo de cinco co fin de remontar. Cun potente tiro, Laura conseguía equilibrar o marcador (2-2).
Nos minutos finais, as locais mostráronse moito máis confiadas en conseguir a vitoria ante as pontevedresas e tanto foi así que, nos segundos definitivos, Celia marcou o 3-2. As do Poio Pescamar afrontan a súa terceira derrota consecutiva despois dun gran inicio de tempada.
PENYA ESPLUGUES (3): Muniesa; Celia Catá, Arancha, Laura Oliva, Estela (quinteto inicial), Nerea, Iris, Marta de los Riscos, Berta Velasco, Pilar e Zoe.
POIO PESCAMAR (2): Silvia; Iria, Ceci, Dani Sousa, Ale de Paz (quinteto inicial), Irene García, Irene, Jenny, Cárol e Jessi.
Goles: 1-0 Celia (3'), 1-1 Iris en propia porta (26'), 1-2 Iria (35'), 2-2 Laura (38') e 3-2 Celia (40').
Árbitros: Sergio e Roberto Mamolar do colexio catalán, que mostraron cartulina amarela a Celia e Marta de los Riscos, do Penya Esplugues, e a Iria, do Poio Pescamar.
Incidencias: CEM Les Moreres frente a máis de 100 espetadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar recupera o sorriso tras vencer o Majadahonda na Seca (4-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar di adeus á vitoria no último minuto ante o Palau (2-2)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Poio Pescamar desfaise do seu infortunio ante o Leganés (4-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Reválida para o Poio Pescamar no inicio do seu particular 'maratón'
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar asume ante o líder a súa segunda derrota consecutiva (2-4)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Un Poio Pescamar atascado na segunda parte non logra plantarlle cara ao Roldán (3-1)
Por Redacción |