O Poio Pescamar cae ante o Atlético Navalcarnero (6-4)
Por Redacción
O Poio Pescamar perdeu esta fin de semana ante o Atlético Navalcarnero nun encontro dominado, durante a maior parte do tempo, polas locais, que pelexan polo posto de campionas de liga co Burela FS.
Pouco puideron facer as rojillas na primeira metade contra o bo xogo das madrileñas. Non tardaron moito estas últimas en poñerse por diante no marcador soprendiendo ás pontevedresas cun gol no 4' de Ari, que volveu acertar poucos segundos despois ante a portería de Silvia Aguete. Así, a escasos minutos do comezo do choque, as locais xa gozaban dunha cómoda vantaxe (2-0). Pero isto serviu de toque de atención para as visitantes, que a continuación conseguiron o 2-1 grazas a un gol de Iria.
As branquivermellas seguiron controlando o partido e demostrárono cun tanto de Ju Delgado no 12' da primeira parte (3-1). E así se foron ao descanso, coa vitoria provisional das madrileñas.
Tras o paso polos vestiarios, o Poio cambiou a súa dinámica e conseguiu meterse máis no partido. Con todo, volveron encaixar un gol das locais que facía máis complicada unha remontada no seu undécimo partido. Nesta ocasión, foi de novo Delgado a que lle coou o 4-1 a Silvia no primeiro minuto.
Aos poucos segundos, Ale de Paz logrou o inesperado 4-2, que daba esperanzas ás pontevedresas. Esperanzas que aumentaron dous minutos despois grazas a Dani Sousa, que poñía ás rojillas a só un gol das táboas.
Ante os bos resultados das visitantes, as do Navalcarnero afianzaron o seu xogo ofensivo e no 32' anotaron o 5-3 por medio de Anita Luján. E, continuando coa goleada, o 6-3 no 37' (Leti). A falta de 3 minutos para o termo do partido, as do Poio tan só puideron responder cun gol de Ale de Paz, que non lles daría a oportunidade de puntuar nesta xornada, pero si de regresar a Pontevedra coa sensación dun traballo ben feito ante o subcampeón, al menos polo momento, de Primeira (6-4).
NAVALCARNERO (6): Estela; Amelia Romero, Ju Delgado, Anita Luján, Ari (quinteto inicial), Bruna, Marta Pelegrín, María Sanz, Gabi e Leti.
POIO PESCAMAR (4): Silvia; Ale de Paz, Ceci, Jenny, Dani Sousa (quinteto inicial), Jessi, Iria, Irene García e Cárol.
Goles: 1-0 Ari (4'), 2-0 Ari (5'), 2-1 Iria (5), 3-1 Ju Delgado (12), 4-1 Ju Delgado (21), 4-2 Ale de Paz (23'), 4-3 Dani Sousa (24'), 5-3 Anita Luján (32'), 6-3 Leti (37') e 6-4 Ale de Paz (39').
Árbitros: David Fernández e Alejandro Jarque, do colexio madrileño, que mostraron cartulina amarela a Silvia, Iria, Jessi e con doble amarela a Ceci (37’), por parte do Poio Pescamar.
Incidencias: Pavillón La Estación, ante máis de 200 espectadores
Relacionadas:
-
Poio Pescamar sofre para dobregar a Viaxes Amarelle no derbi aprazado (2-3)
Por Redacción |
-
Importante vitoria do Poio Pescamar ante o AD Alcorcón (4-1)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot |
-
O Poio Pescamar saca o seu lado solidario organizando unha recollida de xoguetes
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar recupera o sorriso tras vencer o Majadahonda na Seca (4-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar di adeus á vitoria no último minuto ante o Palau (2-2)
Por Sofía Lorenzo |