O Mace-sport proclámase en Noia subcampión galego absoluto
Por Redacción
Gran resultado do club Mace Sport, proclamándose segundo na clasificación xeral no campionato galego absoluto de combate disputado este sábado en Noia coa participación de preto de 100 deportistas e 25 clubs de toda Galicia. Na clasificación de clubs logrou o título de campión galego o Natural Sport Riveira tanto en categoría masculina, como feminina, así como na xeral.
En canto ás actuacións individuais, destacar a Sara Cortegoso, na categoría minimosca (menos de 46 kgs.) foi campioa e medalla de ouro tras gañar dous combates, tendo como rival na final á actual medallista nacional Laura Lorenzo á que gañou por 16 a 9.
Pola súa banda, Unai Silva en categoría pluma (menos de 68 kgs.) foi tamén campión e medalla de ouro despois de gañar 3 duros combates, facendo unha gran final con Manuel Parada, actual subcampión de España da categoría, a quen gañou por 17 a 16 puntos.
Artai Pazos Pavón, categoría galo (menos de 63 kgs.), conseguiu a medalla de prata, despois dun relativamente cómodo primeiro combate, para logo en semifinais, nun combate moi duro, sufrir un golpe no xeonllo, do que soubo refacerse para meterse na final na que aguantou ata o 3º asalto cun marcador moi axustado, pero finamente tívose que retirar para evitar posibles lesións maiores que lle impidan preparar ben o campionato de España.
Bronce para Uxía Ogea Costa, en categoría galo (menos de 53 kgs.). Uxía fixo os dous primeiros asaltos perfectos poñéndose cun marcador de 5 a 0, pero no final do terceiro asalto relaxouse de máis chegando a empatar e tendo que ir ao cuarto asalto de desempate e punto de ouro, o cal despois de conseguir vantaxe tamén volveu fallar ao momento final pola presión da súa adversaria.
Héctor Canabal Blanco, categoría galo (menos de 63 kgs.), tamén obtivo a medalla de bronce, Héctor gañou o primeiro combate con facilidade, pero non puido superar nas semifinais a Pablo do club Patiño.
Consulta os resultados completos na web da Federación Galega de Taekwondo.
Relacionadas:
-
Os deportistas do Mace Sport e Mat's levan a Galicia ao ouro no Campionato de España de taekwondo
Por Redacción |
-
Giovanni Imparato, do Mace Sport, conquista o Europeo en Grecia
Por Redacción |
-
O Mace Sport, a polo título autonómico en Noia
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz e Iván García proclámanse campións de Europa de taekwondo
Por Redacción |
-
Dous novos éxitos para o Mace Sport no Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción |