Vitoria do Cisne sobre a selección galega no XXV Memorial Manuel Luaces (34-32)
Por Redacción
A selección galega absoluta caeu ante o Cisne no XXV Memorial Manuel Luaces, nun axustado encontro que se celebrou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
A pesar de ser un amigable, o choque estivo cargado dunha alta intensidade. Ambos equipos optaron por unha defensa 6-0 de fronte pero foron alternando con defensas 5-1 nalgúns momentos do partido.
O encontro estivo moi igualado do primeiro ata o último minuto. Na primeira parte Galicia sempre estivo por diante con curtas vantaxes de 1 ou 2 goles, pero na segunda metade foi o Cisne o que estivo por riba.
Ao final da segunda parte, a falta de 5 minutos, o conxunto pontevedrés ía gañando de catro goles. Foi entón cando Quique Domínguez pediu un tempo morto e optou por unha defensa 5-1. Iso fixo que o Cisne cometese varios erros seguidos e Galicia logrou poñerse a un gol.
A selección galega tivo o balón para empatar o partido, pero os colexiados sinalaron un pasivo na súa contra. O Cisne realizou un contraataque e marcou polo que finalmente o marcador foi 34-32 para os organizadores do memorial.
Hai que lamentar a lesión de Alejandro Pombo, ao que lle diagnosticaron unha fractura na man esquerda.
CLUB CISNE (34): Juan Novás, Chan, Picallo (5), Andrés Sánchez (1), Bruno (5), Simón (1), Javi Vázquez (5), Leiras (1), Gayoso (5), Linhares,(1), Dani Ramos (5), Alejandro Conde (5).
GALICIA (32): Lloria; Alejandro Pombo, Borja Méndez (5), Manu Martínez, Pedro Aymerich (5), Manuel Ángel Iglesias (1), Carlos Pombo (5), Roberto Sánchez (1), Samu Pereiro (5), Duarte Batán, Carlos Durán, Gonzalo Carró (5), José Rial (5), Iago Cuadrado, Pablo Dacosta.
Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro (Galicia).
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra). XXV Memorial Manuel Luaces. Boa entrada. No descanso realizouse unha choiva de peluches a favor dunha ONG, para que ningún neno quede sen agasallo neste Nadal.
Relacionadas:
-
Vitoria contundente do Nava ante un Cisne frouxo en defensa (29-37)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne comeza mal o ano perdendo en Zamora (31-25)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne prepara a segunda parte da tempada entre queixas pola falta de horas de pista
Por Redacción |
-
A selección galega dirixida por Quique Domínguez, rival do Cisne no XXV Memorial Luaces
Por Redacción |
-
O Cisne comeza as súas vacacións empatando ante o Bordils (26-26)
Por Sofía Lorenzo |
-
Dez minutos de 'apagamento' anotador condenan a un bo Cisne en Palma del Río (31-26)
Por Ramiro Espiño |