A tempada de atletismo estréase en Pontevedra cunha elevada participación no Torneo de Reis
Por Sofía Lorenzo
Preto de 800 deportistas de toda Galicia e outras partes de España reuníronse este sábado no CGTD con motivo do Torneo de Reis, que inaugurou a tempada de atletismo en pista ao aire libre.
A elevada participación na competición, coa que non contaban o club organizador, o Atletismo Rías Baixas, nin a Federación Galega da disciplina, obrigou a modificar os horarios da xornada e alongar as probas ata ao redor das 15:00 horas.
O campionato comezou sobre as 10:30 da mañá cos 3.000 metros feminino, onde destacou a lucense Sara López. Pola súa banda, a campiona nacional de xavelina, Lidia Parada, fíxose co primeiro posto en 60 metros (8.01), seguida pola pontevedresa Lucía Ferrer (8.08).
Así mesmo, o pontevedrés Adrián Pérez, campión nacional universitario do clube Tenerife Caja Canarias, terminou primeiro a proba dos 200 metros cun tempo de 22.56.
Antes da finalización do torneo, as instalacións do Centro Galego deTecnificación Deportiva acolleron unha bonita homenaxe á recente campiona europea na modalidade de cros, a portuguesa Solange Pereira, con presencia dos Reis Magos incluida.
Relacionadas:
-
O Torneo de Reis de atletismo celebra a súa segunda edición e dedícaa a refuxiados e inmigrantes
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Xornada de atletismo galego no CGTD co Gran Premio Jim Sport
Por Redacción |
-
Pontevedra inaugura a tempada de atletismo en pista
Por Redacción |
-
O Club Atletismo Rías Baixas asegura praza para dous atletas no Campionato de España
Por Redacción |