O Poio Pescamar perde ante o Ourense e ponse sétimo (4-2)
Por Sofía Lorenzo
Por fin, en igualdade de condicións en canto ao número de partidos xogados, o Poio Pescamar visitou este sábado ao Ourense para disputar o primeiro do ano. Un choque directo pola quinta posición de Primeira División. As locais, pola súa banda, nunha situación moi parecida á das pontevedresas, lograron levar os tres puntos nun encontro que non defraudou.
A primeira parte comezou a favor para as ourensás. Un gol temperán (3') de Laura, tras un centro, fixo que conseguisen adiantarse nada máis comezar. Este feito obrigou ás visitantes a remar ao contraxeito desde o principio. Con todo, cando máis igualada estaba a cousa (múltiples oportunidades claras para ambos os lados), de novo, un centro ao corazón da área foi aproveitado por Judith para ampliar máis aínda a vantaxe. Isto tampouco foi suficiente para amedrentar ás de Dani Díaz, que non tiraron a toalla e lograron achegarse no marcador a falta de dous minutos para o final. Curiosamente, Silvia Aguete, porteira visitante, puido anotar desde o seu propio campo (2-1).
Respecto ao segundo tempo, as vermellas foron a máis e, tras 4 minutos do asubío inicial, Dani Sousa, a partir dunha xogada colectiva perfecta, igualou o electrónico. A pesar diso, aínda cando todo parecía indicar que a remontada era posible, poucos segundos despois, unha acción individual determinante de Sara Moreno volvía poñer ás locais por diante. O partido, desde ese momento, volveuse tolo. Continuas chegadas á área de ambos os equipos facían totalmente impredicible o resultado definitivo. Desgraciadamente para as poienses, as súas opcións víronse totalmente eliminadas cando, a 3 minutos do final, un último e desafortunado tanto en propia porta de Jessi fixo que a vitoria quedase na casa (4-2).
Desta forma, o Poio Pescamar descende á sétima posición, esperando xa ao Murcia, tamén rival directo, contra o que pelexará, a semana que vén en casa, co fin de non despegarse da parte alta da táboa.
OURENSE (4): Vane; Chiky, Marta, Sara Moreno, Laura (quinteto inicial), Candela, María, Idoya, Bea Seijas e Judith.
POIO PESCAMAR (2): Silvia; Dani Sousa, Iria Saeta, Jenny Lores, Jessi (quinteto inicial), Ale de Paz, Ceci, Cárol e Irene García.
Goles: 1-0 Laura (3'), 2-0 Judith (16'), 2-1 Silvia (18'), 2-2 Dani Sousa (24'), 3-2 Sara Moreno (24') e 4-2 Jessi (37', pp).
Árbitros: Borja Darriba e Adrián Figueroa, do colexio galego, que mostraron cartulina amarela a Jenny Lores e Dani Sousa, do Poio Pescamar, e a Sara Moreno, do Ourense.
Incidencias: Pavillón Los Remedios ante preto de 500 espectadores.
Relacionadas:
-
Contundente vitoria do Poio Pescamar ante o Palau, colista da categoría (3-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Vitoria do Poio ante o UCAM Murcia con dous goles de Dani Sousa (2-1)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
A brasileira Lidiane Carvalho, nova futbolista do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar volve á competición en Ourense
Por Redacción |
-
Poio Pescamar sofre para dobregar a Viaxes Amarelle no derbi aprazado (2-3)
Por Redacción |