Inicio da segunda volta para un Poio Pescamar que mira cara á terceira praza
Por Redacción
Iníciase a segunda volta de competición na Primeira División para un Poio Pescamar que mira alto, concretamente cara á terceira posición que se atopa a só 3 puntos de distancia.
Ese é o obxectivo do conxunto vermello, sétimo con 28 puntos, e para iso faise vital iniciar a segunda metade de campionato vencendo a un rival directo na táboa como o Universidad de Alicante, co que están empatados a puntos.
O encontro disputarase este sábado en horario pouco habitual (16:00 horas) no Pavillón Municipal da Seca.
Dani Díaz recupera para a cita a un dos puntais do equipo, a gardameta Silvia Aguete, recuperada dunha lesión de xeonllo que lle apartou da última xornada.
Ademais de Silvia, a convocatoria do Poio Pescamar compóñena: Irene Floriani, Jenny Lores, Ale de Paz, Iria Saeta, Irene García, Ceci, Jessi Jineth e Dani Sousa.