Máis de 600 triatletas nacionais inscribíronse xa para o ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Diego Espiño
Cada vez queda menos para que Pontevedra goce do maior evento deportivo de cuantos organizou na súa historia, cun ITU Multisport Festival que apunta xa a unha alta participación.
Segundo confirmou a Federación Española de Tríatlon, a falta de mes e medio para o peche das inscricións foron xa máis de 600 os deportistas nacionais que confirmaron a súa presenza nalgún dos campionatos do Mundo que se celebrarán na cidade entre o 27 de abril e o 4 de maio.
Refírense estes datos á competición nos grupos de idade, ao que hai que sumar o equipo elite cuxa preselección foi revelada recentemente e no que figuran nomes como Javi Gómez Noya, Pablo Dapena ou Saleta Castro.
O prazo de inscrición nos grupos de idade manterase aberto aínda ata o próximo 31 de marzo, con descontos dos 30% activos ata que conclúa febreiro.
As cifras iso si reforzas as previsións da organización, que estima que se acheguen a Pontevedra ao redor de 4.000 deportistas ao longo dos 8 días de competición.
O 27 e 28 de maio abrirá o programa de probas o Dúatlon, para seguir o 30 de abril cos mundiais de Tríatlon Cros, o 2 de maio co Acuatlón e o día 4 de maio coa o Aquabike e o prato forte, o Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia.