Un mes de competición decisivo, sen saír de Galicia
Por Diego Espiño
Esquecida a dura derrota en Salamanca, o Pontevedra regresou este mércores aos adestramentos tras unha xornada de descanso e fíxoo cun obxectivo claro, volver engancharse á pelexa polos catro primeiros postos, agora a 6 puntos de distancia.
Para iso aparece marcado en vermello o próximo mes de competición, con cinco xornadas nas que non sairá de Galicia. Primeiro recibirá o vindeiro domingo 24 de marzo ao Guijuelo en Pasarón, para visitar acto seguido ao Fabril coruñés, xogar na casa ante o Sanse, fóra ante o Coruxo e por último enfrontarse ao Rápido de Bouzas na casa.
"Fuimos a Vigo y nos fue bien, esperemos que mantenernos por aquí nos sirva para sumar puntos", asegura Luismi.
Trátase quizais da última gran oportunidade, na que"podemos recuperar los tres puntos que perdimos en Salamanca y seguir metidos ahí porque hay enfrentamientos directos", defende o técnico ante unha xornada na que verán as caras por exemplo Castilla e Ponferradina por unha banda e Coruxo e Sanse por outro.
O preparador pontevedrés móstrase convencido de que "vamos a pelear hasta el final", e por iso pide á afección que se some e que "confíe en el equipo" porque "estamos en una situacion para soñar todos e ilusionarnos".
No plano deportivo, Luismi confía en recuperar aos tres xogadores 'tocados', como son Álvaro Bustos, Adrián León e Nacho López, o último tras sufrir un forte golpe no duelo ante o Salamanca.
PROMOCIÓN NAS ENTRADAS DOS TRES PRÓXIMOS PARTIDOS
Acompañando á declaración de intencións de corpo técnico e plantel e a súa petición de apoio por parte da bancada de Pasarón, o Pontevedra lanzou unha promoción para conseguir entradas a prezo reducido para os tres próximos partidos de liga na casa ante Guijuelo, San Sebastián de los Reyes e Rápido de Bouzas.
Os seguidores granates poderán retirar un pack con entradas para os encontros a un prezo total de 45 euros na bancada de Tribuna, 35 euros na de Preferencia e 20 euros nos fondos.
A promoción é válida os días 21 e 22 de marzo nas oficinas do club (9:00 a 11:00 e de 16:00 a 19:00 horas) e o domingo 24, data do choque ante o Guijuelo na tenda oficial situada nos baixos de Pasarón (de 11:00 a 14:30 horas).
Relacionadas:
-
O Pontevedra blíndase á presión
Por Diego Espiño |
-
Rivera aparece como salvador no 84 para dar un sufrido triunfo ao Pontevedra sobre o Guijuelo (2-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Luismi agarda o Pasarón "de las mejores tardes" no duelo de aspirantes ante o Guijuelo
Por Diego Espiño |
-
Unha segunda volta sen goles da dianteira
Por Diego Espiño |
-
Derrota vergoñosa dun Pontevedra sen capacidade de reacción en Salamanca (3-0)
Por Redacción |
-
Luismi bota contas para estar no play-off
Por Diego Espiño |