O Teucro deixa escapar un punto de ouro ante o Alcobendas (28-28)
Por Sofía Lorenzo
O Teucro chegou a Madrid coa intención de sumar dous puntos vitais e lograr dar un paso máis na súa loita por manterse na máxima categoría española. A falta de seis xornadas para a finalización da tempada, os de Luís Montes afrontaban un choque máis que decisivo ante o pechacancelas da categoría: o Alcobendas. En palabras do propio adestrador, días previos ao mesmo: "Xogámonos o seguir vivos na competición".
A pesar diso, e estando por diante practicamente os 60 minutos, foron incapaces de facerse coa vitoria. Empate que os deixa coa mesma relación de puntos, pero con moitas menos opcións.
Comezou ben o equipo galego. Durante os primeiros minutos, apoiados nunha gran actuación do seu porteiro, Lloria, lograban poñerse por diante desde o inicio. Adxudicábande, desta forma, unha pequena vantaxe de catro tantos no 12' (5-9). A pesar diso, e destacando, tamén, a Davor Cútura (10 goles), non foron quen de manterse por diante. Aos poucos, os madrileños aumentaron a súa efectividade arriba. Tanto, que chegaron ao descanso alcanzando a igualdade no electrónico (15-15). Escapóuselle ao Teucro, así, unha oportunidade de ouro para irse aos vestiarios con medio partido no peto.
Con todo, a segunda parte empezou de igual forma que a anterior. Os pontevedreses volvían distanciarse significativamente dos locais e, a falta de 15 minutos para o final, catro volvían ser os tantos que os separaban do Alcobendas (19-23). Rapidamente, o seu adestrador solicitou tempo morto, tentando que non se lle escapase o encontro e dar un pouco de aire aos seus. E xurdiu efecto. Os teucristas volvían tirar pola borda todo o conseguido ata o momento durante os 15 minutos restantes, finalizando o encontro con empate amargo, repartición de puntos e, sobre todo, un resultado que non favorece, en absoluto, a ningún de ambos os conxuntos (28-28).
Relacionadas:
-
Esperada derrota do Teucro ante un Barça que non deu tregua (21-35)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot |
-
O Teucro naufraga ante o Valladolid e complica a súa salvación (38-26)
Por Sofía Lorenzo |
-
Puntuar en Valladolid, obxectivo do Teucro para manterse con opcións de permanencia
Por Diego Espiño |
-
Ao Teucro volven saírlle as contas
Por Diego Espiño |
-
O Teucro supera o Ciudad Encantada (32-30) e agárrase ás súas opcións de permanencia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro, ante "una de nuestras últimas balas" pola permanencia na visita do Cuenca ao Municipal
Por Diego Espiño |
-
O Teucro xógase a súa Resurrección este domingo en Alcobendas
Por Sofía Lorenzo |
-
Empate con sabor amargo do Teucro ante o Huesca (28-28)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |