Desafortunada derrota nos últimos minutos do Poio Pescamar ante o Atlético Navalcarnero (4-5)
Por Redacción & Diego Torrado
O Poio Pescamar encara a recta final da tempada cunha derrota máis ás súas costas. Esta fin de semana tocoulle recibir, na Seca, a un dos equipos máis complicados da categoría, que chegou a Pontevedra como líder de grupo: o Atlético de Madrid Navalcarnero. Despois de traspasar esta pequena fochanca, que dá ás ás madrileñas, as de Dani Díaz distáncianse un pouco das primeiras posicións da táboa a falta de tres partidos para o final.
O cadro visitante comezou dominando o partido, presionando a saída do balón local, feito que lle permitiu adiantarse no marcador aos dous minutos do comezo cun gol de Ari. Uns minutos despois, aumentaban a súa renda por medio dun tiro de Anita Luján ao segundo pau, despois dunha boa xogada de equipo.
O Poio reaccionou utilizando o xogo de cinco, conseguindo recortar distancias cun tanto de Jeny. A partir dese momento, o partido cambiou de dinámica e as rojillas achegábanse ao empate antes do descanso. Pero non o conseguiron.
Coa continuación, as visitantes volvían facerse coa batuta, o que terminou por ampliar a súa renda cun gol de Leti tras un pase de Ari. Ante a desvantaxe local, estas reaccionaron e estableceron a igualada con dúas tantos en só seis minutos: o primeiro de Jeny e o segundo de Ceci.
O final do partido quedaba, así, moi aberto. Co equilibrio como protagonista do xogo, Amelia Romero culminaba unha boa transición ofensiva das madrileñas, anotando o 3-4. Pero Dani Sousa devolvía o partido ás táboas cun roubo de balón na primeira liña de presión (4-4). Desde ese momento, ambos os equipos crearon varias ocasións perigosas, que non chegaron a materializarse no marcador. Sen embargo, para alegría das visitantes, finalmente, fixéronse cos tres puntos grazas a un penalti anotado por Ari a falta de tres minutos para o desenlace do choque (4-5). Nada puideron facer as de casa mais que encaixar a desafortunada derrota.
POIO PESCAMAR (4): Irene Floriani; Ceci, Jenny, Ale de Paz, Dani Souza (quinteto inicial), Desi, Cárol, Irene García, Antía e Silvia.
ATLÉTICO DE MADRID NAVALCARNERO (5): Marta Balbuena; Ju Delgado, María Sanz, Anita Luján, Marta Pelegrín Amelia Romero (quinteto inicial), Ari, Leti, Amelia, Bruna, Estela (segunda porteira) e Gaby.
Goles: 0-1 Ari (2'), 0-2 Anita Luján (10'), 1-2 Jeny (27'), 1-3 Leti (22'), 2-3 Jeny (27'), 3-3 Ceci (33'), 3-4 Amelia Romer (35'), 4-4 Dani Sousa (36') e 4-5 Ari (37' de penalti).
Árbitros: Manteiga Rodríguez e Carreira Romero, da delegación da Coruña, que mostraron dobre amarela a Jeny (39’) e amarilla a Dani, do Poio Pescamar, e a Leti e Anita Luján, do Atlético Navalcarnero.
Incidencias: Partido disputado no Pavellón Municipal de Poio, ante máis de 400 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio enfría ao final da primeira metade e cae ante o Ourense (1-4)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar encaixa unha dolorosa derrota ante o Alcorcón (5-2)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar xoga con Jessi na portería e vence ao Majadahonda en Madrid (0-1)
Por Redacción |
-
Igualadísmo partido entre o Leganés e o Poio Pescamar con final feliz para as vermellas (0-1)
Por Sofía Lorenzo |
-
A falta de Silvia Aguete na portería debilita ao Poio ante o Penya Esplugues (3-5)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |