Rugby e educación, da man na Xunqueira
Por Redacción & Mónica Patxot
Por segundo curso consecutivo, rugby e educación foron da man no IES Xunqueira I de Pontevedra.
O programa educativo desenvolto durante todo o ano no centro parte dunha proposta pola que profesores de educación física achegan aos seus alumnos a práctica deste deporte como ferramenta, transmitindo valores de respecto, solidariedade ou disciplina.
Como colofón a todo o traballo desenvolto, o campo da Xunqueira acolleu este xoves un torneo de rugby cinta organizado polo Mareantes Rugby Club coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes.
O rugby-cinta é unha modalidade sen contacto especialmente deseñada para menores e para un primeiro contacto co deporte. Paralelamente, a xornada completouse con ensinos sobre como afrontar unha melé, unha placaxe ou a touche.
No evento participaron alumnos e alumnas de 2º da E.S.O. do centro educativo.
Relacionadas:
-
Estrea dispar para os equipos pontevedreses na renovada Liga Galega de rugby
Por Redacción |
-
A canteira do Pontevedra Rugby Club déixase notar no Campionato de España de Autonomías
Por Redacción |
-
Xogadores sub12 e sub14 do Pontevedra Rugby Club, de convivencia en Belfast
Por Redacción |
-
Retoman a idea de impulsar a creación do equipo femenino de rugby
Por Almu Dapena |