Marko Dzokic convértese na novena fichaxe do Teucro

Por Redacción
Case tres décadas despois un Dzokic volverá vestir a camiseta da Sociedad Deportiva Teucro.
Marko Dzokic, fillo do ex-teucrista Goran Dzokic e nado en Pontevedra hai 27 anos precisamente pola presenza do seu pai no equipo, converteuse na novena fichaxe dos azuis, inmersos nunha profunda renovación no seu plantel para afrontar o novo reto que se lle presenta na División de Honra Prata.
O primeira liña xogará no Teucro a próxima tempada, procedente do BM Ikasa no que xogou os dous últimos cursos en Prata e tamén na Primeira Nacional.
Dzokic coincidiu por última vez co cadro teucrista na tempada 16/17 cando militaba no Cajasur Córdoba, e conta ademais cunha ampla experiencia tras xogar en equipos como o BM Guadalajara, Puerto Sagunto, RK Železničar Niš e BM Ciudad Encantada.
A súa polivalencia, ao poder actuar tanto en ataque como en defensa, foi un dos motivos de apostar pola súa chegada. Ademais "é un xogador creativo, disciplinado e que dá moito sentido ao xogo ofensivo", sinalou Luís Montes.
Como homenaxe ao seu pai, Marko lucirá no Teucro o dorsal 5 que levou na súa etapa pontevedresa hai case tres décadas.
Con el son xa 13 os xogadores confirmados para a próxima tempada, quedando a un paso de pechar o plantel con Fran Bujalance, Federico Wermbter, Eduardo Salazar, Diego Prada, Vicente Poveda, Cristopher Corneil, Samu Pereiro, Ferrán Cisneros, Andrés Moyano, Lucas Abadía, Jose Andrés Torres, Nemanja Bojicic e o propio Marko Dzokic.
Relacionadas:
-
O Teucro cambia de marca de roupa deportiva
Por Redacción |
-
O serbio Nikola Perovic completa a primeira liña do Teucro
Por Redacción |
-
Davor Cutura, co seu noveno campus en Pontevedra antes de afrontar "con mucha ilusión" un novo reto en Italia
Por Diego Espiño |
-
Sorteado o calendario da División de Honra Prata, cun derbi entre Novás e Cisne para comezar
Por Diego Espiño |
-
O extremo esquerdo Fran Bujalance, novo xogador do Teucro
Por Redacción |
-
Domingo Luís abandona o Teucro tras abonar a súa cláusula de rescisión
Por Redacción |
-
O extremo Lucas Abadía, nova fichaxe do Teucro
Por Redacción |