O serbio Nikola Perovic completa a primeira liña do Teucro

Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro queda a un paso de pechar o seu plantel tras anunciar este venres a contratación de Nikola Perovic.
A entidade pontevedresa recorre novamente ao mercado internacional na busca dunha peza chamada a ser importante no esquema ofensivo do equipo.
Con Perovic o Teucro completa a súa primeira liña. Trátase dun xogador serbio nado no ano 92, de 1,95 metros e 95 quilos de peso que actúa na posición de lateral esquerdo ofensivo. Ademais, sinalan no club, pode actuar como defensor central.
"Buscabamos un xogador das súas características, bo defensor no centro e que nos dese lanzamento, creo que Nikola vai dar o que necesitabamos para completar a primeira liña", recoñeceu sobre o novo xogador teucrista Luís Montes.
Nikola Perovic procede do MRK Sloga bosníaco despois de pasar por outros clubs como o RK Partizan (Serbia), Bursa Nilüfer BK (Turquía) ou o Bsv Stans (Suíza). Asina por unha tempada con opción a outra máis.
Con el son 14 os xogadores confirmados para o proxecto teucrista na División de Honra Prata, xunto a Fran Bujalance, Federico Wermbter, Eduardo Salazar, Diego Prada, Vicente Poveda, Cristopher Corneil, Samu Pereiro, Ferrán Cisneros, Andrés Moyano, Lucas Abadía, Jose Andrés Torres, Nemanja Bojicic e Marko Dzokic.
Relacionadas:
-
Perovic, ausente dos adestramentos, negocia a súa saída do Teucro
Por Manu Otero |
-
Nikola Perovic resolve os seus problemas co visado e incorpórase xa ao Teucro
Por Redacción |
-
A renovación do Teucro chega tamén ao seu corpo técnico
Por Diego Espiño |
-
O Teucro cambia de marca de roupa deportiva
Por Redacción |
-
Marko Dzokic convértese na novena fichaxe do Teucro
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario da División de Honra Prata, cun derbi entre Novás e Cisne para comezar
Por Diego Espiño |
-
O extremo esquerdo Fran Bujalance, novo xogador do Teucro
Por Redacción |
-
Domingo Luís abandona o Teucro tras abonar a súa cláusula de rescisión
Por Redacción |
-
O extremo Lucas Abadía, nova fichaxe do Teucro
Por Redacción |