![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a8c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5dd069518b-20191116-torrado-teucro-vs-barcelona-b-20.jpg)
© Diego Torrado
Perovic, ausente dos adestramentos, negocia a súa saída do Teucro
![Manu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/c92/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/613a3b2f4f-20210902-patxot-radio-programa-deportes-1889.jpg)
Por Manu Otero
As horas de Nikola Perovic no Teucro están contadas. O lateral serbio atópase agora mesmo en proceso de negociación para a rescisión do contrato que une a ambas as partes ata o final de tempada.
O conxunto que dirixe Luís Montes regresa esta tarde aos adestramentos despois do parón invernal para preparar o regreso á competición, no que o equipo azul tentará reconducir a marcha despois dun primeiro tramo de liga irregular.
Procedente do MRK Sloga bosníaco, Perovic nunca chegou a encaixar nos esquemas do Teucro. Chamado a ser unha peza fundamental no xogo ofensivo, os seus problemas co castelán e o atraso da súa chegada por problemas co visado, complicaron a súa adaptación e a irregular marcha do equipo tampouco axudou a este serbio nado en 1992 e de 195 centímetros de altura.
O lateral asinara por unha tempada con opción a outra, pero salvo que non consigan poñerse de acordo, Perovic non volverá vestir a camiseta azul.
Relacionadas:
-
O Teucro chega a un acordo con Perovic e Bojicic para a rescisión dos seus contratos
Por Redacción |
-
Viaxe a Cidade Real para un Teucro en recomposición
Por Diego Espiño |
-
Adrián Freiría, fichaxe de 'urxencia' do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Nikola Perovic resolve os seus problemas co visado e incorpórase xa ao Teucro
Por Redacción |
-
O serbio Nikola Perovic completa a primeira liña do Teucro
Por Redacción |