Antía Sestelo estrea internacionalidade
Por Redacción
A impresionante progresión de Antía Sestelo non pasou desapercibida para os técnicos da Real Federación Española de Atletismo.
A deportista marinense, actual campioa de España sub-18 de lanzamento de xavelina, foi convocada pola Selección Española para participar na Copa Ibérica da categoría que enfrontará este sábado 29 de xuño a España e Portugal nas pistas madrileñas pistas de Moratalaz.
Será a primeira vez que a pupila de Javier López Viñas vista as cores da Selección Española, estreando internacionalidade.
Este era precisamente un dos obxectivos da tempada de Sestelo, que ostenta o actual récord galego (47,74 metros) e que tentará nesta cita seguir a senda dos últimos meses mellorando a súa marca.
O concurso de xavelina, no que participará a marinense, ten previsto o seu comezo ás 20:00 horas.