O marinense Nicolás García logra un décimo posto no Europeo Sub-20 de atletismo
Por Redacción
Gran actuación do marinense Nicolás García no Campionato de Europa Sub-20 de atletismo celebrado durante a fin de semana na localidade sueca de Boras.
O discípulo de Frank Casañas, de só 17 anos, coouse na final da proba de lanzamento de disco, finalizando nunha notable décima posición.
García alcanzou a final cun lanzamento de 55.68 metros, e na xornada definitiva pelexou sen éxito por superar a mellora.
O deportista marinense do Atletismo Celta foi de menos a máis, comezando o seu concurso cunha marca de 50.83 metros para finalizar co seu mellor lanzamento ao terceiro intento, cun rexistro de 56.30 metros.
O vencedor da competición foi o tamén español Brayan Sotero (62.93 metros), acompañado no podio polos checos Michal Forejt (62.17) e Jakub Forejt (61.64).
Tamén competiu no Europeo Sub-20 de atletismo a arousá Raquel Meaños, que avanzou ata as semifinais dos 800 metros pero non logrou meterse na gran final ao ser sexta na súa serie cun tempo de 2:09.15.
Relacionadas:
-
Inmellorables resultados da Gimnástica no Galego Absoluto de atletismo
Por Sofía Lorenzo & Cristina Saiz |
-
A Gimnástica suma experiencia no Campionato de España Sub-20 de atletismo
Por Redacción |
-
Andrea González, brillante medalla de prata para a Gimnástica no Campionato de España Sub-23
Por Redacción |
-
Xornada de atletismo galego no CGTD co Gran Premio Jim Sport
Por Redacción |