O Arxil reestrutura a súa pretemporada tras os cambios na Copa Galicia
Por Redacción
O cambio de formato da Copa Galicia, que pasa dun sistema de eliminatorias directas a un de liguiña entre todos os equipos da liga Feminina 2, obrigou á dirección deportiva do Arxil a modificar o calendario de partidos de pretemporada previsto inicialmente.
O equipo que preside Liño Vázquez disputará cinco encontros amigables, catro deles no CGTD, antes de empezar a competición oficial. O 10 de setembro debutarán en Copa Galicia contra o Baxi Ferrol. Catro dís despois mediranse ao Celta e o día 18 visitarán ao Cortegada. Se se clasifican, xogarán a final en Ferrol #ante o Ensino de Lugo, de Liga Feminina 1.
No referente aos encontros estritamente amigables, as verdes recibirán en casa o sábado 21 de setembro ao Queixos Pastor de Zamora ás 20.45 horas. Un partido que servirá para realizar a presentación oficial da nova tempada. A precampaña concluirá o día 27 recibindo ao Carmelitas de Ourense no CGTD.
"Xogar cinco encontros, catro en casa, vai vir moi ben para adaptarnos á pista do CGTD, que será onde debutaremos o 5 de outubro ante o Celta", declarou o presidente, Liño Vázquez.
Relacionadas:
-
O Arxil debuta con derrota ante o Ferrol na Copa Galicia (65-79)
Por Redacción |
-
O Arxil volve á carga tras as vacacións
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Arxil pide aos seus afeccionados que se fagan socios como regalo polo seu 35 aniversario
Por Redacción |
-
O 'Street Basket' máis solidario celébrase en Pontevedra
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Os cambios na Copa Galicia trastocan os plans do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil remodela o corpo técnico para a nova tempada
Por Almu Dapena |
-
O Arxil xogará un mínimo de cinco partidos amigables antes de comezar a liga
Por Redacción |
-
O Arxil pecha o plantel coa fichaxe de Natalia López
Por Redacción |