EP Ciudad de Pontevedra consegue a prata por equipos na Baixada do Eume
Por Redacción
Centos de persoas acudiron, na tarde do venres, a Pontedeume para arroupar aos 390 padeeiros (en representación de 35 clubs) que tomaron parte na LIII edición da Baixada do Eume ao longo de todo o percorrido. Este comezou no segundo refuxio do río para os participantes en K2 e K1 masculina, e no primeiro para os canoistas e mulleres.
Unha vez concluídas todas as probas, a suma dos puntos deu como vencedor por equipos ao Náutico Firrete, que se fixo co trofeo por cuarto ano consecutivo, con 2.228 puntos, seguido pola EP Ciudad de Pontevedra, con 1.405, e polo CN Ría de Betanzos, con 963.
A embarcación dos irmáns arxentinos Luís e Antonio Balboa foi a máis rápida da baixada, despois dun disputado sprint coa parella local de Antonio Rey e Santiago Cruz. O podio da proba completárono Diego Castro e Breixo Buján, do Piragüismo Vilaboa.
Jenifer Casal sería a vencedora na proba de C1 muller sénior, impoñéndose a Cristina Vázquez e a Andrea Piñeiro, ambas as do Náutico Firrete.
Sebastián Delgado e Aarón Diéguez, do Kaiak Tudense, cruzaron a liña de meta en K1 sénior en segunda e terceira posición, respectivamente, despois de Jesús Rodríguez León, do Fluvial O Barco.
Pola súa banda, Carmen Villar, do Kaiak Tudense, gañou o ouro en K1 muller sénior, completando o podio Sabela Castro, do Cidade de Lugo, e Sofía Rodríguez, do Firrete.
Relacionadas:
-
A embarcación de Rodrigo Germade, subcampioa do Mundo en Hungría
Por Redacción |
-
Teresa Portela fai historia en Hungría e encara os seus sextos Xogos Olímpicos
Por Sofía Lorenzo |
-
O pontevedrés Pablo Graña consegue a primeira medalla de ouro para España no mundial de Hungría
Por Manu Otero |
-
Os padeeiros pontevedreses avanzan con paso firme en Hungría
Por Manu Otero |
-
O piragüismo pontevedrés, ao asalto dunha praza para os Xogos Olímpicos en Hungría
Por Manu Otero |
-
Jenifer Casal, Raquel Rodríguez, Jaime Sobrado e Óscar Graña xa teñen a súa praza no Mundial de distancia maratón
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |