Manuel Hurtado, da Ximnástica, prata no Campionato de Europa Máster
Por Redacción
Entre os días 5 e 15 de setembro celebrouse en Venecia, Italia, o Campionato de Europa Máster no que participou Manuel Hurtado, único atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra que se logrou clasificar para a competición.
O lucense empezou a súa participación o venres 13 nos 5000 metros lisos da categoría M35. O atleta ximnástico chegou a meta na segunda posición cun tempo de 15:48.55. O pódium completárono o portugués Nelson Oliveira, que foi o primeiro clasificado, e o alemán Sebastian Harz, que quedou de terceiro.
O domingo 15, Hurtado volveu subirse ao pódium. Cun tempo de 1 h:09:53, o atleta alcanzou a meta do Media Maratón, novamente, en segundo lugar. Esta vez, acompañáronlle no pódium o italiano Salvatore Gambino, que quedou primeiro, e o portugués Nelson Oliveira, que foi terceiro.
Con estas medallas de prata, 'Huracán' Hurtado pecha a tempada ao grande.
Relacionadas:
-
Daniel Chamosa, dominador do Campionato Galego de Marcha
Por Redacción |
-
Manuel Hurtado 'baña' á Gimnástica en prata no Nacional de Maratón
Por Redacción |
-
Éxito de participación no Medio Maratón de Pontevedra coa vitoria de Anxo Castro e Beatriz Fernández
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O medio maratón de Pontevedra incorpora este ano unha carreira de 10 quilómetros
Por Redacción |
-
A Gimnástica de Pontevedra comeza a preparación da nova tempada
Por Almu Dapena |
-
O saltador Jean Marie Okutu logra o bronce no campionato de España
Por Manu Otero |
-
Inmellorables resultados da Gimnástica no Galego Absoluto de atletismo
Por Sofía Lorenzo & Cristina Saiz |