Estrea dispar para os equipos pontevedreses na renovada Liga Galega de rugby
Por Redacción
O rugby autonómico deu inicio a fin de semana a unha nova tempada, caracterizada pola unificación das dúas categorías sénior masculinas, nas que compiten o Mareantes e o Pontevedra Rugby Club.
Desta forma a competición contará este ano con 13 equipos cunha liga regular a unha volta previa ao play-off polo título, que comezará nos cuartos de final co Ferrol como defensor da coroa.
A estrea para os equipos pontevedreses foi dispar. En casa iniciou o ano o Pontevedra Rugby Club, e fíxoo cunha contundente vitoria ante o Fendetestas (50-12).
Cun renovado equipo con respecto ao curso pasado, o PRC dominou o xogo con paciencia, evitando cometer erros e buscando a velocidade na fase ofensiva. Así, ao descanso ese dominio traducíase nun marcador de 29-0, e aínda que na segunda metade os das Pontes tentaron levar o choque ao seu terreo, non foron capaces de frear o potencial ofensivo pontevedrés.
En canto ao Mareantes, a súa estrea presumíase complicada, ao visitar o campo dun dos favoritos a estar na zona de honra é o CR Coreti Lalín, e o conxunto blanquinegro apenas tivo opción encaixando unha dura derrota (65-0).
A próxima xornada será unha data sinalada en vermello no calendario de ambos os dous equipos, ao tratarse do derbi local.
Relacionadas:
-
O derbi pontevedrés cae ao lado do Pontevedra Rugby Club (20-36)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O derbi entre Mareantes e Pontevedra RC regresa despois de tres tempadas
Por Redacción |
-
A canteira do Pontevedra Rugby Club déixase notar no Campionato de España de Autonomías
Por Redacción |
-
Rugby e educación, da man na Xunqueira
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Xogadores sub12 e sub14 do Pontevedra Rugby Club, de convivencia en Belfast
Por Redacción |