A quinta edición da Carreira Popular Activa Combarro, última cita do circuíto Poio Móvese
Por Redacción
O atletismo afeccionado tomará Combarro o vindeiro sábado 26 de outubro coa quinta edición da Carreira Popular Activa Combarro.
A cita servirá para botar o peche do primeiro Circuíto de Carreiras Poio Móvese impulsado este ano pola administración local e que contou coa carreira Roteiro dos Muíños de Samieira (30 de marzo), a Nocturna Móvete por San Salvador (6 de abril), o XXXII Maratón de Fátima (11 de maio) e a Carreira pola Lingua de Raxó (17 de maio).
Nesta ocasión os atletas enfrontaranse a unha carreira de 4,5 quilómetros polas rúas do casco antigo de Combarro e o porto deportivo.
A saída darase ás 18:00 horas desde a Praza da Chousa, estando a meta instalada na Praza da Rualeira.
Antes, desde as 17:00 horas, terán lugar as probas de categorías inferiores para as idades prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.
Relacionadas:
-
Campelo volve botarse a correr na XXXII edición do Maratón de Fátima
Por Sofía Lorenzo |
-
Éxito na primeira edición da Nocturna Móvete por San Salvador
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O bo tempo e o fantástico ambiente, protagonistas da IV Carreira dos Muíños de Poio
Por Sofía Lorenzo |
-
Poio estrea circuíto de carreiras populares
Por Diego Espiño |