Presentan o Campionato de España de Exhibición de Taekwondo que se celebrará o 29 de decembro en Pontevedra
Por Diego Espiño
Quedan poucos días para finalizar 2019, pero o calendario deportivo de eventos de nivel nacional e internacional na cidade aínda ten unha última cita que celebrar.
Trátase do Campionato de España de Exhibición de Taekwondo, organizado polo Mace Sport pontevedrés e que foi presentado este xoves no Concello de Pontevedra.
O Pavillón Municipal dos Deportes será escenario da competición o vindeiro domingo 29 de decembro, a partir das 10:00 horas da mañá.
Sobre o tapiz comparecerán 11 equipos das categorías infantil, cadete e sénior, e aínda que as datas impediron que se produza unha alta participación "os mellores equipos si van estar", confirmou na presentación Miguel Ángel Cortegoso, presidente do Mace Sport.
A entrada ao Municipal será de balde para o público.
Relacionadas:
-
Miguel Cortegoso, do Mace Sport, é o novo director do Comité de Exhibicións de Taekwondo
Por Redacción |
-
O Mace Sport finaliza a tempada co Campionato de España de Exhibición de Taekwondo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Éxito de participación na XII edición do Campionato Internacional de Taekwondo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Sergio Troitiño consegue a medalla de ouro no Europeo cadete de taekwondo
Por Diego Espiño |