Recital da Escola Hungaresa en Portugal
Por Redacción
A Escola Hungaresa competiu esta fin de semana na segunda proba de ranking de sabre infantil celebrada na localidade lusa de Viana do Castelo. Alí desprazáronse sete deportistas do cadro pontevedrés, tres mozas e catro mozos, para realizar unha extraordinaria actuación que culminaron coa consecución de catro medallas.
No cadro masculino, Iago González venceu todos os seus asaltos ata facerse coa medalla de ouro na final. Nas semifinais eliminou ao seu compañeiro, André Martín, quen se repuxo do golpe na loita polo terceiro posto para facerse co bronce. Xián Alonso e Samuel Ogando chegaron ata cuartos de final, rolda na que caeron fronte ás súas outros dous compañeiros de equipo para terminar a súa participación en sexta e sétima posición.
No lado feminino, as pontevedresas Pilar Garnelo, Leyre Grande e Ángela Nogueira superaron a fase de grupos e clasificáronse para os cuartos de final sen apuros. Nogueira e Grande cruzáronse nesta rolda e o asalto decidiuse en favor da primeira por 15 tocados a 5, o que deixou á segunda nunha excelente sexta posición.
En semifinais volveu producirse un duelo entre as dúas sablistas do cuado pontevedrés que se resolveu en favor de Pilar Garnelo por 15 a 8. Con todo, na final a galega tivo que conformarse coa prata ao caer por 15 a 12 fronte a Inés Silva. A que si gañou o seu asalto e fíxose co bronce foi Leyre Grande.
Á marxe dos grandes resultados obtidos, esta proba en Portugal serviu como test para adquirir ritmo de competición de fronte ao próximo torneo nacional de clasificación en Barcelona.
Relacionadas:
-
Pilar Garnelo, unha 'tiradora' da que presume a esgrima pontevedresa
Por Diego Espiño |
-
Medalla de prata para a tiradora Pilar Garnelo nun trofeo internacional celebrado en Barcelona
Por Redacción |
-
Duelo de espada a cegas, a idea da Escola Hungaresa para adaptar a esgrima a persoas con discapacidade visual
Por Redacción |
-
Colección de medallas para a Escola Hungaresa no Criterium Nacional de Esgrima de Leganés
Por Redacción |