O Poio Pescamar blinda a súa portería para a próxima campaña
Por Manu Otero
O Poio Pescamar seguirá tendo unha das porterías mellor defendidas da primeira devisión do fútbol sala feminino español. O cadro da Seca confirmou a continuidade, polo menos unha tempada máis, das súas dúas gardametas: Silvia Aguete e Caridad García, ambas habituais nas convocatorias da selección nacional.
A pontevedresa Silvia Aguete, de 33 anos e considerada a mellor porteira do mundo, renovou por unha tempada o seu vínculo co Poio Pescamar co gran obxectivo de conseguir o título da Copa da Raíña, aprazado para finais de ano polo decreto do estado de alarma. Conseguir unha praza no playoff polo título de liga, que este ano se lle escapou ás vermellas por unha mala serie ao comezos de ano, é outra das metas que persegue a gardameta.
Aínda que Aguete ten corda para longo, a substitución xeracional na portería vermella está garantido. Caridad García desembarcou na Seca a pasada tempada e, a pesar de que só ten 20 anos, o seu nivel e proxección levárona xa en repetidas ocasións a vestir a camiseta do combinado absoluto español.
Doutra banda, nas últimas horas fixéronse oficial as primeiras baixas de fronte ao próximo curso. Iria Saeta e Andrea Feijoo deixarán o Poio Pescamar para defender a próxima tempada as cores do Ourense Envialia, un dos principais rivais do cadro que dirixirá Manuel Cossío na procura dunha praza no playoff.
Relacionadas:
-
Iraia Arbeloa, segunda fichaxe do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Luci, unha campioa de liga e de Europa como primeira fichaxe do Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
A RFEF profesionaliza a primeira división do fútbol sala femenino, un paso adiante para o Poio Pescamar
Por Manu Otero |
-
Ana Rivera e Mirian Ruiz completan a rolda de renovacións no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Antía Pérez, do Poio Pescamar, preparada para volver á cancha tras a súa operación de xeonllo
Por Redacción |
-
Iria Saeta, primeira saída nun Poio Pescamar que empeza a planificar a próxima tempada
Por Diego Espiño |