O IES Valle Inclán busca recadar fondos para os nenos de Uganda a través da carreira 'Eu Corro Por'
Por Almu Dapena
Os alumnos do IES Valle Inclán xunto coa profesora Ana Santos, celebrarán durante a semana do 15 ao 21 de xuño unha carreira con fins solidarios.
Baixo o título 'Eu Corro Por', os estudantes buscarán recadar fondos para que 40 nenos e nenas de Uganda reciban unha educación digna a través da organización humanitaria Malayaka House España, que traballa para garantir os dereitos dos nenos ugandeses e ofrecerlles unha vida mellor.
A carreira, que ía celebrarse o pasado 9 de maio con motivo do Día de Europa, cancelouse pola pandemia da COVID-19, polo que tivo que adaptarse á situación que estamos a vivir.
É por iso, que despois dunha charla que tivo o alumnado do Valle Inclán cos nenos e nenas do orfanato, cada estudante fíxose embaixador dun deles e encargouse de contar a súa historia a amigos e familiares para que corresen por el, e así recadar fondos para a súa manutención e escolarización, explicou a profesora.
Pola súa banda recoñece mostrarse "optimista" xa que considera que "la gente es solidaria". Non ten un máximo de diñeiro que recadar pero confía en "conseguir que un niño vaya a la universidad y otros dos estudien secundaria", o que supoñen 2.000 euros o primeiro, e 800 o segundo.
Así mesmo, asegura que durante este últimos tres meses a situación "foi complicada. Estiveron sen recibir nada porque as fronteiras estiveron pechadas", por iso considera que agora é o mellor momento para axudarlles e de maneira moi sinxela "tú pagas lo que quieres y corres lo que quieres".
Para iso, o martes 9 de xuño, a Asociación xunto co Instituto, van dar unha charla a través de Youtube co fin de concienciar á xente da importancia que teñen este tipo de iniciativas que buscan que tanto nenos como nenas rescatados de situacións extremas de abandono, enfermidade ou morte inminente reciban manutención, coidado médico e escolarización.
"Cuantas más personas salgan a correr, más seremos capaces de ayudar", asegura Ana Santos. Só hai que facer unha doazón no número de conta (ES92 2100 5654 1902 0014 9688) da Asociación Malayaca House co concepto 'Donación Eu Corro Por' e farán entrega de dorsais que se poderán descargar e imprimir para correr durante eses días e así contribuír coa causa.
Relacionadas:
-
RADIO.- Seis alumnos do Instituto Valle Inclán conclúen Bacharelato con Matrícula de Honra
Por Marisa Ciordia |
-
A "Carreira Máis Longa da Historia" que organiza a AECC chega esta fin de semana a Pontevedra
Por Redacción |
-
Dous estudantes de Ciencias do Deporte organizan unha carreira solidaria en favor do Sergas desde casa
Por Redacción |
-
Unha estudante do IES Valle Inclán crea o Monoponte, a versión pontevedresa do Monopoly
Por Anxo Lourido |
-
VIDEO.- "Estades a facelo moi ben", a mensaxe do claustro do IES Valle Inclán ao seu alumnado
Por Alejandro Espiño |