![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/466/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ef8b5d334-img_20200625_201502.jpg)
© Team Thunder
Boxeo sen contacto na nova normalidade do Team Thunder
![Manu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/c92/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/613a3b2f4f-20210902-patxot-radio-programa-deportes-1889.jpg)
Por Manu Otero
Os deportes de contacto aínda non están permitidos para evitar posibles contagios por Covid-19, pero estas restricións non implican que non se poida traballar o boxeo. O Team Thunder de Marín leva dúas semanas de adestramento nas instalacións municipais de San Pedro, nas que o combate foi substituído por sesións de mellora da técnica mesturadas con exercicios de forza e resistencia.
En grupos de seis deportistas, en horarios de mañá e tarde e cun distanciamento superior aos dous metros que marcan os protocolos sanitarios, os púxiles levan a cabo adestramentos de escola de boxeo.
Como mostra de agradecemento ao poboo marinense, desde o club que dirixe Aarón González convidan a todos os veciños a abandonar o sedentarismo do confinamento, contactar con eles e probar a experiencia do boxeo sen contacto.
Relacionadas:
-
O Team Thunder enfúndase as luvas de novo
Por Redacción |
-
O Team Thunder de boxeo expande a súa actividade a Pontevedra
Por Redacción |
-
O Concello de Marín reúnese cos clubs deportivos para xestionar o uso das instalacións pechadas
Por Redacción |
-
O CGTD reabre pero os deportes de contacto quedan fóra
Por Manu Otero |