O Team Thunder enfúndase as luvas de novo
Por Redacción
Non o facían desde o decreto do anterior estado de alarma. E, sete meses despois, coincidindo coa aprobación de novas restricións, os boxeadores do Team Thunder volveron a subir ao cuadrilátero. O pasado sábado nas instalacións da Vella Escola, en Vigo, tivo lugar a primeira toma de contacto do boxeo de competición en Galicia con todas as medidas de seguridade que recolle o protocolo aprobado pola federación, Sanidade e Deporte Galego.
Nesta primeira sesión foron varios os boxeadores da selección galega os que tiveron a oportunidade de volver traballar con contacto para reactivar a competición. Despois de realizar o pertinente test a cada un dos participantes e asegurarse de que deran negativo todos eles, comezaron os adestramentos con total seguridade.
Por parte do club marinense acudiron á cita os boxeadores Eloy Barcia, Pablo Lubián, Amancio Martínez e Aarón González. "Mostrámonos moi satisfeitos por esta iniciativa e cremos que, con seguridade, pódese traballar para reactivar a competición e manter vivo o deporte", declaran desde o Team Thunder.
Relacionadas:
-
Aarón González deixa atrás o parón pola pandemia e volve subirse ao ring
Por Redacción |
-
O Team Thunder despide o ano presumindo de títulos e canteira
Por Redacción |
-
O boxeador do Mat' s de Marín, Martín García, faise co título autonómico en categoría neopro
Por Redacción |
-
O Team Thunder de boxeo expande a súa actividade a Pontevedra
Por Redacción |
-
Boxeo sen contacto na nova normalidade do Team Thunder
Por Manu Otero |