O Cisne pecha a renovación de Daniel Ramos para o seu proxecto en Asobal
Por Redacción
Renovación importante a pechada e confirmada este martes polo Club Cisne Balonmán para o que será o seu debut na máxima categoría.
A entidade pontevedresa asegurouse a continuidade de Daniel Ramos, que cumprirá así a súa cuarta campaña no equipo, ao que chegou no verán de 2017 procedente do Fútbol Club Barcelona.
O pivote silledense converteuse desde o primeiro momento en peza importante nos esquemas de Jabato, especialmente en labores ofensivos onde este ano compartirá protagonismo co fichado Gonzalo Carró.
"É un pracer para min seguir un ano máis nesta familia e esperemos poder celebrar pronto todo o que conseguimos este ano", sinalou Ramos tras o anuncio da súa renovación.
RENOVACIÓN | Nueva renovación en las filas del Cisne. El pivote Daniel Ramos también jugará con nosotros en Asobal ¡Grande Dani! #SomosCisne #SomosAsobal #renovación pic.twitter.com/ee0wzkn6ex
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 30, 2020
Con el o plantel coa que contará Jabato está practicamente perfilado, á espera de coñecer o futuro de Andrés Sánchez, David Chapela, Javier Vázquez ou Pablo Picallo e dunha ou dúas fichaxes que completen o equipo. Polo momento están confirmadas as renovacións do propio Ramos, Álex Chan, Alejandro Conde, Álvaro Preciado, Pablo Gayoso, Dani López, Jose Leiras, Iván Calvo e Jorge Villamarín, ademais das fichaxes de Carró e Carlos Pombo.
Relacionadas:
-
Javi Vázquez renova e non perderá o debut do Cisne en Asobal
Por Redacción |
-
Renovación por dúas tempadas de Pablo Picallo no Cisne
Por Redacción |
-
Andrés Sánchez renova e resolve unha das principais dúbidas do Cisne
Por Redacción |
-
David Chapela pecha a súa renovación co Cisne: "Es un año que no me podía perder"
Por Redacción |
-
Miguel Simón, décima renovación do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne 'ficha' un novo patrocinador principal para a súa estrea na Liga Asobal
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Asobal fixa en 43.000 euros o canon que debe abonar o Cisne para pertencer á asociación de clubs
Por Diego Espiño |
-
O Cisne fai oficial a fichaxe do pivote Gonzalo Carró
Por Redacción |
-
Nova homenaxe ao Cisne polo seu ascenso á Liga Asobal, esta vez na Deputación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne fai oficial o regreso de Carlos Pombo
Por Redacción |
-
O Cisne pecha as fichaxes de Carró e Pombo e busca un primeira liña
Por Manu Otero |
-
Unha celebración do ascenso a Asobal en diferido para o Cisne
Por Manu Otero |