O Ribadumia presenta a Charles e Pablo González e avanza con paso firme na composición do plantel
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Aínda queda moito para que o balón volva rodar para a maioría dos equipos, pero o Club Deportivo Ribadumia avanza con paso firme na composición do plantel coa que retornará á Terceira División.
Despois de asegurar a continuidade de Luís Carro no banco e de boa parte do bloque que conseguiu o ascenso, agora a entidade aurinegra empezou coas fichaxes.
Así, a primeira incorporación é a de Pablo González. O central, ex-xogador entre outros do Pontevedra, foi presentado este mércores como novo xogador do Ribadumia, ao que chega procedente do Rápido de Bouzas. Mentres que con Charles, que chega do Pontellas, fixo o propio este xoves.
Con eles son xa 14 os futbolistas confirmados polo club, ao unirse ás renovacións de Fran Fandiño, Santi, Eloy Conde, Monchito, Diego Abal, Paco, Miguel Vázquez, Cheri, Roberto Pazos, Óscar, Hugo Soto e Dieguito.
Relacionadas:
-
O Ribadumia accede á fase previa da Copa do Rei tras gañar nos penaltis ao Viveiro (1-1)
Por Redacción |
-
O Ribadumia renova o seu capitán, Miguel Vázquez
Por Redacción |
-
O Ribadumia celebra o ascenso a Terceira División
Por Redacción |
-
Na familia Fandiño Reissmann os ascensos celébranse de tres en tres
Por Diego Espiño |
-
A Federación Galega fai oficial o ascenso do Ribadumia a Terceira e do Umia, a Preferente
Por Manu Otero |