Portonovo despide a tempada de cruceiros cunha vibrante regata en augas das rías de Arousa e Pontevedra
Por Redacción
A vixésimo cuarta edición da Regata Cruceiro Hotel Galatea concluíu este domingo en augas da ría de Arousa e Pontevedra.
Cun notable atraso pola completa ausencia de vento, os organizadores puideron dar a saída pasadas as 13.30 horas nunhas condicións inmellorables con ventos de entre os 8 e 12 nós de intensidade, os participantes puideron completar un percorrido de 17,5 millas entre o porto de Cabo de Cruz e o náutico de Portonovo, onde se situou a liña de meta.
Durante a regata, o liderado da mesma foi cambiando entre os diferentes barcos resultando finalmente gañador no grupo A Dous o Ai Carmela, do L.M. Bouzas, patroneado por Juan Martínez. Na clase ORC, o triunfador foi a alma do Mar, do C.M. A Penela, patroneado por Jose Mánuel “ Nito” Enríquez; mentres que na categoría Open, o Limay, do C. N. Beluso, patroneado por D. José Luis Smyth, foi o gañador.
A última hora da tarde, nas instalacións do CN Portonovo, tivo lugar a entrega de trofeos aos vencedores de cada unha das clases no medio dunha cerimonia que serviu para pechar a tempada de cruceiros no náutico de Portonovo.
Relacionadas:
-
A Regata de Cruceiros CN Portonovo celebra a súa XVIII edición coincidindo co Memorial Paco Alvariñas
Por Redacción |
-
Despois de case 100 días... Regresaron as regatas de cruceiros á Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
As regatas de cruceiros regresan á Ría de Pontevedra tras a parada obrigada polo coronavirus
Por Redacción |