Bea Gómez ficha polo CN Santa Olaya e múdase a Xixón para preparar o seu asalto aos Xogos de Tokyo
Por Diego Espiño
O aprazamento por un ano dos Xogos Olímpicos de Tokyo supuxo todo un dilema para moitos deportistas que, como Bea Gómez, preparábanse a conciencia para tentar lograr o pasaporte olímpico.
No caso da pontevedresa pretendía pelexar pola que sería a súa segunda presenza nuns Xogos, un soño que tras moito meditar mantén na súa cabeza, pero para iso realizou un importante cambio na súa vida.
Bea Gómez acábase de mudar a Xixón e desde alí adestrará os próximos meses, tras fichar polo Club Natación Santa Olaya.
"Después de todo lo que ha pasado le di muchas vueltas a la cabeza. Al final decidí intentar ir a por los Juegos, valoré todas las opciones y creo que esta es mi mejor opción", asegura a PontevedraViva a deportista, olímpica en Londres 2012 e campioa mundial júnior en 2011.
O importante para Bea é que así "por lo menos no me quedo con la duda", aínda que iso supoña deixar por segunda vez ao seu club de toda a vida, o Natación Galaico: "Va a ser como mi familia siempre, ellos saben que si pudiera no los dejaría, pero al final siempre acabo volviendo", recoñece.
Polo momento a aterraxe en Asturias foi moi positivo, xa que "me ha sorprendido bastante la ciudad, y luego el grupo y el club en general la verdad que muy bien, tienen unas instalaciones muy buenas y muy buen ambiente. Estoy contenta", explica a pontevedresa.
Será un reto contrarreloxo, para tentar chegar nas óptimas condicións ao Open Nacional que, previsiblemente, decidirá na primavera as prazas para os Xogos Olímpicos. De momento, Bea non ten decidido en que probas centrará os seus esforzos, pero confía en poder probarse como moi tarde no mes de decembro, cando se prevén as primeiras competicións importantes en piscina longa.
Relacionadas:
-
Inicio sen brillo para a natación pontevedresa no Campionato de España Open
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez xógase a súa última baza olímpica no Nacional Open de Sabadell
Por Diego Espiño |
-
Primeira etapa do camiño cara a Tokio de Bea Gómez
Por Manu Otero |
-
A natación pontevedresa prepara a súa primeira gran competición da tempada, o Nacional de Inverno
Por Redacción |
-
Bea Gómez e Gaspar Andrade, vencedores do Campionato Galego de Natación en Augas Abertas no Pontillón
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Confirmada a nova data para os Xogos Olímpicos: do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2021
Por Redacción |
-
Así pasan a corentena os deportistas pontevedreses
Por Almu Dapena |