Suspendido o amigable entre Compostela e Pontevedra polo positivo en COVID dun familiar dun xogador santiagués
Por Diego Espiño
O partido amigable que ían disputar este mércores a Sociedade Deportiva Compostela e o Pontevedra Club de Fútbol quedou suspendido.
Así o anunciou á primeira hora da mañá o club santiagués, sinalando que a causa é o contacto directo dun dos seus xogadores cun positivo en COVID19, concretamente un familiar directo.
SUSPENDIDO O AMIGABLE CONTRA O @PontevedraCFSAD por precaución #AIlusióndeSantiago https://t.co/lKVkpslwrS
— S.D. Compostela (@SD_Compostela) September 23, 2020
"Por acordo entre os clubs e atendendo ás recomendacións dos servizos médicos de ambas as entidades, por precaución, tomouse a decisión de suspender", explica o Compostela.
O partido ía disputarse ás 18.00 horas deste mércores no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, sendo a segunda cita da pretempada para o Pontevedra tras a súa vitoria da fin de semana fronte ao Coruxo.
Neste caso o aprazamento vén derivado de que un xogador da SD Compostela tivo contacto cun familiar que este martes 22 de setembro deu positivo en coronavirus. "O futbolista permanece illado no seu domicilio desde que o seu familiar presentou os primeiros síntomas, o xoves da semana pasada", sinala a entidade santiaguesa.
Aínda que existe tranquilidade no seo do Compostela e sinalan que "o partido se podería disputar", acordouse a suspensión por precaución tendo en conta que o inicio de liga está cada vez máis preto.
Sen este amigable, o segundo compromiso de preparación dos granates trasládase desta forma ao próximo sábado, cando teñen previsto visitar o estadio vigués de Barreiro para medirse ao Celta B.
Relacionadas:
-
Suspendido o amigable entre UD Ourense e Pontevedra por un posible positivo en covid no conxunto ourensán
Por Almu Dapena |
-
Vitoria fronte ao Estradense (0-2) dun Pontevedra que suma tres de tres en pretempada
Por Redacción |
-
Estradense e UD Ourense, próximas paradas na pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Charles e Rufo afinan a súa puntería e dan a vitoria ao Pontevedra na súa visita ao Celta B (2-3)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra visitará a Compostela e Celta B á espera de pechar outros dous amigables
Por Manu Otero |
-
Primeiro amigable e primeira vitoria para o Pontevedra, ao superar o Coruxo no Vao (0-1)
Por Diego Espiño |
-
Pasarón poderá contar cun aforo superior aos 1.000 espectadores recomendados polo Consello Superior de Deportes
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra iniciará a liga en Ferrol e espera a visita do Deportivo a Pasarón o 6 de decembro
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos, sobre a chegada de máis reforzos ao Pontevedra: "Se cadra temos as solucións na canteira"
Por Diego Espiño |