A Federación Galega comprométese cos clubs a axudar a financiar os test e a figura do xefe médico
Por Redacción
A sede da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) acolleu o martes unha reunión cos 24 clubs que participarán esta tempada na Terceira División, categoría que debería dar comezo a próxima fin de semana pero que está inmersa nun mar de dúbidas polo temor dos equipos á Covid-19.
No encontro estivo presente o presidente da Federación, Rafael Louzán, os membros da súa xunta directiva, os delegados da RFGF e representantes dos clubs.
O novo formato de competición e o protocolo sanitario foron dous dos temas discutidos entre os presentes.
Segundo informa a Federación, o organismo reitor do fútbol autonómico explicou aos clubs a súa disposición para apoiar o financiamento da nova figura do xefe médico que esixe o protocolo poñendo a disposición dos 128 clubs galegos das categorías de ámbito estatal unha estrutura médica.
Louzán indicou tamén que no referente aos test de Covid, a Federación Española comprometeu unha liña de axudas para o seu financiamento.
CONTRATO COA CRTVG
No encontro cos participantes na Terceira División informouse tamén do acordo alcanzado coa Televisión de Galicia para a retransmisión dos partidos desta categorúa, e que supoñerá un incremento do 20% da cantidade percibida a pasada tempada.
Relacionadas:
-
Rafael Louzán, novo presidente da Comisión de Terceira División da Federación Española de Fútbol
Por Redacción |
-
Reparten máis de 2.500 test nos últimos tres días e tramitan un pedido de 4.000 para os clubs galegos de fútbol
Por Redacción |
-
Clubs e Federación, pendentes do protocolo da Xunta para poder iniciar a liga de Preferente o 29 de novembro
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de Terceira: O Arosa debuta na casa contra o Arenteiro, o Ribadumia visita ao Ourense CF
Por Manu Otero |
-
A Federación Galega de Fútbol rexeita o uso da máscara e avanza que "buscará alternativas"
Por Almu Dapena |