O Ribadumia cae goleado ante o Alondras (4-0) e o Arosa cede os tres puntos ante o Choco (1-2)
Por Redacción
Arosa e Ribadumia cederon os tres puntos esta fin de semana tras caer ante Choco e Alondras, respectivamente, nos encontros correspondentes á quinta xornada de liga do grupo 1B de Terceira División.
Despois de tres vitorias consecutivas, ao Arosa acabóuselle a boa serie a pesar de chegar coa moral reforzada á cita deste domingo fronte ao Choco.
O encontro púxose de fronte para os arlequinados no minuto dous grazas a un gol de Sanabria na primeira chegada local á área rival. Con todo, e a pesar de rozar o 2-0 en múltiples ocasións, unha delas anulada por fóra de xogo (un centro de Julio Rey que Pedro beda mandou á rede), foi o Choco o que acabou sendo mellor.
Lograron a igualada na segunda metade, concretamente no minuto 56. Os visitantes trenzaron unha boa xogada que chegou en pase interior a Iano Simón que de primeiras bateu a Manu Táboas.
O Choco estaba cómodo e foi de menos a máis, mantendo un ritmo alto e sen cometer erros pero logrando as mellores ocasións. Desta maneira, no minuto 75 logrou poñerse por diante no marcador. Antón botou unha falta á área local e de novo Iano Simón enviou á rede para poñer o 1-2 co que concluíu o encontro.
O Arosa tivo un par de córneres no tempo de desconto que puideron ser o empate pero Samu salvou a primeira baixo paus e David Cortegoso atrapou sen complicación na seguinte.
Consulta a acta do Arosa-Choco.
Pola súa banda, os aurinegros pagaron caro o esforzo do mércores no partido de clasificación para a Copa do Rey e caeron goleados na súa visita ao Alondras.
Os de Luís Carro aguantaron o marcador a cero ata chegado o minuto 30, momento no que o colexiado pitou a pena máxima a favor dos de Cangas. Jesús Varela transformou desde os 11 metros e puxo o 1-0 no marcador.
Aínda que parecía que ao descanso chegaríase cunha diferenza dun gol, os locais volveron golpear cun tanto de Luismi antes da conclusión do primeiro acto.
Tras o paso polos vestiarios o guion foi o mesmo. García sentenciou para o Alondras poñendo o 3-0 ao chegar ao minuto 65, deixando sen opcións a un Ribadumia moi tocado.
Non contentos co 3-0, a falta de 15 minutos para o asubío final Luismi volveu aparecer para colocar o 4-0 co que se alcanzou o final do encontro.
Consulta a acta do Alondras-Ribadumia.
Relacionadas:
-
O Ribadumia gaña en Bouzas para subir á cuarta praza e o Arosa supera o Estradense
Por Redacción |
-
Solidez de líder do Arosa para vencer en Bouzas e sufrido triunfo do Ribadumia fronte ao Pontellas
Por Redacción |
-
O líder Arosa vence ao Atios con gol de Pedro Beda (1-0) e o Ribadumia suma unha nova derrota tras caer fronte ao Barco (2-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un dobrete de Pedro Beda dá a vitoria ao Arosa ante o Pontellas (0-2) e a UD Ourense reparte os puntos co Ribadumia (2-2)
Por Redacción |
-
Histórico Ribadumia! Vence o Miengo en Cantabria (0-1) e recibirá a un equipo de Primeira na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O Arosa sofre pero vence o Barco para colocarse líder de Terceira (0-2)
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre Ribadumia e Estradense tras un partido de infarto (3-3)
Por Redacción |
-
Remontada do Arosa fronte ao Ourense para sumar tres puntos máis (2-1) e o Ribadumia cae pola mínima na súa visita ao Atios (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Ribadumia suman tres puntos tras vencer a UD Ourense e Choco
Por Redacción |