As promesas da sincronizada galega completan unha fin de semana de tecnificación en Pontevedra e Vigo
Por Redacción
A Federación Galega de Natación levou a cabo a pasada fin de semana nas piscinas do CGTD de Pontevedra e do Real Club Náutico de Vigo unhas xornadas de tecnificación de natación artística a cargo da directora do proxecto, Sandra Montes, e coa participación de nadadoras de categoría alevín e infantil.
A tarde do sábado estivo centrada nas deportistas máis novas, as nadas entre o 2009 e o 2010. Promesas de clubs como o Sincro Ferrol, o RCN Vigo, o Sincro Ourense e os pontevedreses Galaico Sincro e Sincro Pontevedra.
Ao día seguinte, as rutinas repetíronse nas piscinas do CGTD e do Náutico vigués para as nadadoras de categoría infantil dos mesmos clubs.
O obxectivo destas xornadas pasa polo perfeccionamento e desenvolvemento da natación artística en Galicia para potenciar a chegada de nadadadoras ao máis alto nivel desta disciplina. Así mesmo, a organización ofrece un plan de traballo que sirva de apoio aos clubs para impulsar a estas nadadoras e que permita posicionar á federación galega e aos seus clubs enntre os máis punteiros en canto a programas de tecnificación e a resultados nacionais.
Relacionadas:
-
O referente pontevedrés da natación sincronizada masculina en Galicia
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Daniela Suárez consegue para o Galaico Sincro unha medalla de prata no Campionato de España de Natación Artística
Por Redacción |
-
A pontevedresa Daniela Suárez, convidada a un campus nacional de natación artística
Por Redacción |
-
A natación artística galega retoma a súa actividade en Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha nadadora e unha adestradora do Galaico Sincro, convidadas ao Campus Ranking 30 Alevín da RFEN
Por Redacción |