O Arxil sorteará entre os seus socios os 30 asentos permitidos para ver ás verdes no CGTD
Por Redacción
A chegada da segunda onda da covid-19 obrigou a aplicar estritas restricións en toda clase de eventos para frear o ritmo de contaxios. O deporte é un deles e, a pesar de que en Galicia está permitido o acceso de público aos recintos deportivos, os aforos de estadios e pavillóns están reducidos á mínima expresión.
O primeiro e segundo equipo do Arxil xogan esta fin de semana como locais na cancha do CGTD cun aforo limitado a 30 espectadores, a metade dos que podían acceder ao comezo da tempada.
Xa na última xornada como locais, na que as de Mayte Méndez enfrontáronse ao Cortegada, o aforo fora reducido a 30 persoas. A novidade para esta fin de semana é que, por primeira vez, o club realizará un sorteo entre os seus socios e conctactará cos agraciados para informarlles de que poderán asistir ao partido.
Para evitar conceder entradas a persoas que non poidan acudir, o club pide aos abonados que se inscriban no sorteo a través do email cbarxil@hotmail.com ou mendiante un Whatsapp ao teléfono 627 153 849. O prazo conclúe este venres, 20 de novembro, ás 16 horas.
O partido que enfrontará ao Arxil co Adareva de Tenerife está fixado para as 19.30 horas do sábado e só poderán acceder a Pontevedra os residentes en municipios incluídos dentro do peche perimetral, que son: Vilaboa, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Soutomaior, Campo Lameiro, Poio, Marín e Pontevedra
Aqueles afeccionados que non teñan sorte no sorteo ou pertenzan a outros municipios poderán seguir o duelo en directo a través do Canle FEB ou pola canle de Youtube do Arxil.
Relacionadas:
-
O Arxil tropeza co Azkoitia Azpeitia e suma unha nova derrota (75-61)
Por Redacción |
-
O Arxil precisa unha vitoria balsámica
Por Redacción |
-
O Arxil sucumbe en Estremadura á intensidade defensiva do Miralvalle (71-53)
Por Redacción |
-
O Arxil respira á conta do Rosalía e suma a súa segunda vitoria da tempada (41-59)
Por Redacción |
-
O Arxil suma a súa terceira derrota tras caer no derbi co Cortegada (58-63)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |