
© Mónica Patxot
A 'Rara, pero San Silvestre' ponse en marcha

Por Redacción

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
A medio mes para celebrar o fin de ano, a 'Rara, pero San Silvestre' de Pontevedra, a versión readaptada aos tempos de pandemia para manter o espírito de promoción do deporte e a vida saudable da popular proba deportiva, abriu o seu período de celebración.
Para lembralo, varios representantes do goberno local como o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e os seus compañeiros de corporación Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey calzaron este martes as zapatillas deportivas para completar un dos 10 itinerarios previstos na San Silvestre.
"Máis que nunca, trátase dunha San Silvestre pensada para todo o mundo e na que os que non estamos tan en forma, como é o meu caso, tamén podemos achegar o noso grao de area e colaborar co Banco de Alimentos", sinalou Tino Fernández.
Para a xornada inaugural optaron por percorrer a ruta 'Entrepontes', unha das máis alcanzables ao contar con 1.000 metros de recorrido entre as pontes do Burgo e o das Correntes.
Ata o 15 de xaneiro, os que queiran participar na 'Rara, pero San Silvestre' poderán facelo inscribíndose na web da Sociedad Gimnástica, para despois rexistrar a súa actividade nos diferentes itinerarios previstos:
- Illa das Esculturas-Avenida de Bos Aires (4.600 metros)
- A Xunqueira de Alba (3.800 metros).
- Puente do Burgo-Ponte das Correntes (1.000 metros)
- Miradoiro da avenida de Marín-Ponte dos Tirantes (5.000 metros)
- Alameda-As Palmeiras (1.200 metros)
- Senda do Gafos (8.400 metros)
- O Gorgullón-Os Gafos (1.600 metros)
- Parque do Miradoiro (1.400 metros)
- Senda do Lérez (8.000 metros)
- Pontillón do Castro (3.360 metros)
Relacionadas:
-
A 'Rara, pero San Silvestre' entrega agasallos entre os seus participantes
Por Redacción |
-
A 'Rara, pero San Silvestre' despídese co "éxito de alcanzar o nivel de participación que se alcanzou"
Por Redacción |
-
A 'Rara, pero San Silvestre' supera o milleiro de rexistrados
Por Redacción |
-
Deportistas da Gimnástica recolocan as pasarelas desprazadas no Gafos pola enchente destes días
Por Redacción |
-
Unha saída 'rara' para a San Silvestre e cun desexo claro: "que o ano que vén poidamos estar todos aquí"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Rara, pero sempre solidaria San Silvestre
Por Manu Otero |
-
A San Silvestre regresa a Montero Ríos en forma de exposición fotográfica
Por Manu Otero |
-
RADIO.- Pontevedreses, un obxectivo común: a volta ao mundo en trinta días e sen saír da cidade
Por Redacción |
-
Dez circuítos diferentes e un mes para completalos, a aposta para unha "Rara, pero San Silvestre"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Gimnástica renuncia a organizar este ano a San Silvestre: "No lo vemos posible"
Por Diego Espiño |