Homenaxe municipal ao Poio Pescamar polo seu subcampionato na Copa da Raíña
Por Redacción
O histórico subcampionato do Poio Pescamar na Copa da Raíña motivou este mércores unha recepción oficial ao club conserveiro por parte do Concello.
Unha representación da entidade deportiva foi recibida polo alcalde, Luciano Sobral, a concelleira de Deportes, Marga Caldas, a tenente de alcalde Chelo Besada e a edil Silvia Díaz como recoñecemento ao seu esforzo e bo facer.
"Para nós é motivo de honra que este club leve o nome do noso concello por toda España realizando fitos como o acadado na Copa da Raíña, na que competiron ata o último suspiro, sen renderse ata o final", sinalou Marga Caldas.
O adestrador do equipo, Manu Cossío, xunto ás futbolistas Silvia Aguete e Carol Agulla recibiron de mans do goberno local unha placa conmemorativa e a recreación dun hórreo, como chiscadela á fundación do Poio Pescamar na parroquia de Combarro.
Os representantes do Concello quixeron á súa vez desexar sorte ao equipo no seu próximo reto, a Supercopa de España que o 9 de xaneiro volverá enfrontar ao seu verdugo en Copa, o Burela Pescados Rubén.
Relacionadas:
-
Caridad García, nomeada a mellor gardameta mundial de fútbol sala
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar supera con esforzo a primeira rolda de Copa ao vencer o Valdetires (1-2)
Por Diego Espiño |
-
Disputar a Supercopa de España, un premio ao Poio Pescamar como subcampión da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
Manu Cossío, satisfeito polo papel do Poio Pescamar na final de Copa: "Hai que seguir por este camiño"
Por Diego Espiño |
-
Un valente Poio Pescamar queda sen premio na final de Copa caendo pola mínima contra o Burela (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Un gol de Ana Rivera na prórroga clasifica o Poio Pescamar para a final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |