Unha semana máis de marxe para a Preferente, que atrasa o seu inicio ata o 31 de xaneiro
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) accedeu á petición dun bo número de equipos de Preferente para atrasar unha semana o inicio da competición, que desta forma terá lugar o 31 de xaneiro.
Así o confirmou o organismo reitor do fútbol autonómico tras reunirse telematicamente este xoves cos equipos rexistrados na categoría rexional. Desta forma, outórgase un pouco máis de marxe aos que ante as dificultades tardaron en iniciar a súa preparación.
Antes diso, está previsto levar a cabo o sorteo da competición o vindeiro mércores 20 de xaneiro a partir das 17.30 horas.
Na reunión a RFGF presentou ademais aos 40 clubs de Preferente unha nova liña de axudas enmarcadas dentro do Programa Excepcional Alento e que supoñerá o financiamento de test de detección da Covid, entrega de material e unha partida de 2.000 euros pola participación.
En total a axuda a cada entidade ascenderá ata os 3.000 euros, segundo sinalou a Federación.
Relacionadas:
-
O fútbol autonómico iniciarase a finais de marzo cun formato exprés sen descensos
Por Redacción |
-
A continuidade da Segunda B e Terceira, a debate nunha reunión da RFEF coas territoriais
Por Diego Espiño |
-
A Federación Galega de Fútbol comunica a súa intención de cancelar a tempada desde a Primeira Galicia cara abaixo
Por Redacción |
-
A Preferente iniciarase co 90% de inscritos: Céltiga, Sanxenxo e Portonovo renuncian e o Villalonga xogará
Por Almu Dapena |
-
A Preferente, ao 70%: Quince equipos confirman a súa inscrición na liga
Por Redacción |
-
Terremoto no fútbol pontevedrés: Marcón e Vilalonga secundan o Céltiga e anuncian a súa renuncia á tempada 20-21
Por Diego Espiño |
-
O Céltiga renuncia a competir esta tempada "dada a angustiosa situación sanitaria"
Por Diego Espiño |