A Preferente, ao 70%: Quince equipos confirman a súa inscrición na liga
Por Redacción
A falta de seis días para finalizar o prazo de inscrición, os equipos de Preferente parecen decididos a xogar. Polo menos, a gran maioría. A Federación Galega de Fútbol confirmou que a categoría xa está confirmada a un 70%.
Quince equipos do Grupo Sur, onde xogan os clubs das provincias de Pontevedra e Ourense, formalizaron esta inscrición. Outros quince fixérono no Grupo Norte.
Pola contra, equipos como Céltiga ou Vilalonga xa mostraron o seu rexeitamento a este reinicio da competición, previsto para a fin de semana do 24 de xaneiro.
A Federación destaca a "alta porcentaxe" de equipos rexistrados en todas as categorías base activadas, onde se rexistra case o 75% do total. En categorías como a División de Honra Cadete inscribíronse xa preto do 100% dos clubs.
Nestas categorías o protocolo establece a obrigación de adestrar e xogar con máscara, salvo na Liga Galega Xuvenil, na que son necesarios os test cada catorce días.
De momento só está activada a inscrición en Preferente, Primeira Galicia, Primeira División Galega Feminina, Liga Galega Xuvenil, División Honra Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil.
As demais categorías forman parte dun proceso posterior para o que non hai previsto a día de hoxe ningún prazo de inscrición nin data de inicio.
Relacionadas:
-
Unha semana máis de marxe para a Preferente, que atrasa o seu inicio ata o 31 de xaneiro
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol comunica a súa intención de cancelar a tempada desde a Primeira Galicia cara abaixo
Por Redacción |
-
A Preferente iniciarase co 90% de inscritos: Céltiga, Sanxenxo e Portonovo renuncian e o Villalonga xogará
Por Almu Dapena |
-
As instalacións deportivas municipais reabren o 11 de xaneiro para o regreso de fútbol base e afeccionado
Por Redacción |
-
Terremoto no fútbol pontevedrés: Marcón e Vilalonga secundan o Céltiga e anuncian a súa renuncia á tempada 20-21
Por Diego Espiño |
-
O Céltiga renuncia a competir esta tempada "dada a angustiosa situación sanitaria"
Por Diego Espiño |
-
O fútbol autonómico e de base pon data para o seu regreso: finais do mes de xaneiro
Por Redacción |