Un exgranate debutará o mércores no banco do Guijuelo en Pasarón
Por Manu Otero
O Guijuelo fixo oficial a destitución do galego Jacobo Montes como adestrador do primeiro equipo despois do empate dos salmantinos contra o Compostela. O seu substituto será Chuchi Jorqués, que debutará este mércores en Pasarón, un estadio que foi a súa casa hai vinte anos.
O novo técnico do cadro verde vestiu a camiseta do Pontevedra na tempada 2000/01 ás ordes de Rafa Sáez, primeiro; e de Delfín Álvarez, despois. Con todo, poucos afeccionados lembrarano, pois a súa aventura granate foi moi curta. O centrocampista estivo só media tempada na que só participou en dous encontros, un deles como titular.
CHUCHI JORQUÉS ya está al mando del @clubdepguijuelo .
— CD Guijuelo Oficial (@clubdepguijuelo) February 8, 2021
¡ ARRANCAMOS ! #TodoAlVerde pic.twitter.com/fbZNOjblNK
Logo fixo as maletas rumbo ao Alzira, onde pasou catro tempadas. Despois do descenso a Terceira do seu equipo, pasou campaña e media no Talavera. Estivo tamén no Racong Portuense e o Guadalaxara antes de fichar polo Guijuelo na tempada 2008/09, club ao que acabaría volvendo catro tempadas despois, tras vestir durante dous cursos as camisetas do Palencia e a Real Unión.
No tramo final das súas 14 tempadas na categoría de bronce do fútbol español, todavía xogaría tres anos máis en categorías inferiores, Chuchi defendeu as cores do Guijuelo, aínda que a súa carreira en Segunda B terminou no CD Palencia, club co que tamén visitou Pasarón o ano do regreso dos granates á Segunda B.