Churre apura as súas opcións de entrar na convocatoria fronte ao Compostela
Por Diego Espiño
O estado físico de Víctor Vázquez 'Churre' é a principal dúbida no Pontevedra Club de Fútbol ante o derbi que lle espera o vindeiro domingo 21 de febreiro no Estadio Municipal de Pasarón fronte á Sociedade Deportiva Compostela.
O central marinense, que caeu lesionado na previa do doio fronte ao Zamora a principios de mes afectado dunha pequena rotura fibrilar, incorporouse ao longo da semana aos adestramentos de grupo e "está a adestrar ben", recoñece Luisito.
Con todo pode non ser suficiente para o seu regreso a unha convocatoria, e de feito segundo o técnico " penso que non van chegar ningún dos dous", sinala en referencia ao propio Churre e a Adrián Cruz, este si 100% descartado a pesar de estar na fase final da súa recuperación.
Volvendo ao defensor ata última hora "non tomaremos a decisión", sinala Luisito sobre a posibilidade de que entre finalmente na lista, aínda que sexa só por se se dá o caso de requirir a súa presenza sobre o verde ao longo do encontro.
Desta forma e ante o nivel mostrado nas últimas dúas xornadas, todo apunta a que o centro da zaga granate volverá estar composta por Xisco Campos e Pol Bueso.
No que respecta a Adrián Cruz, "aínda queda", explicou o adestrador do Pontevedra sabedor de que probablemente ata o mes de marzo non poderá contar co centrocampista de Moaña.
Relacionadas:
-
Luisito aposta pola continuidade fronte o Compostela: "Moitos cambios non vai haber"
Por Diego Espiño |
-
Mario Fernández ve o Pontevedra "con la moral muy alta" tras saír da súa mala serie de xogo e resultados
Por Diego Espiño |
-
O cambio de Rufo en Salamanca, só por precaución
Por Diego Espiño |
-
Rufo e Charles enganchan o Pontevedra á liga remontando ao Salamanca (1-3)
Por Diego Espiño |
-
O efecto Luisito non acaba coa seca do Pontevedra (0-0)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |