Mario Fernández ve o Pontevedra "con la moral muy alta" tras saír da súa mala serie de xogo e resultados
Por Diego Espiño
É a súa primeira campaña no Pontevedra Club de Fútbol, pero encaixou desde o principio á perfección no club e a cidade. Só así se explica que, pese ao mal momento que atravesou o equipo, fose distinguido como o seu xogador máis destacado do mes de xaneiro. Falamos de Mario Fernández, titular nas 14 xornadas de liga co Pontevedra, tanto con Jesús Ramos como agora con Luisito, nas que encaixou 15 tantos.
O cántabro mantén que "a nivel personal tengo buenas sensaciones pero ahora lo único importante es el equipo", polo que "firmo ganar todos los partidos de aquí al final 4-3 y que me metan tres goles".
É consciente o gardameta que por diante quedan aínda catro finais antes de que conclúa a primeira fase da liga, un último mes que "afrontamos con la moral muy alta", asegura tras a balsámica vitoria fronte ao Salamanca CF UDS.
Son catro citas importantes pero empezando pola primeira delas, a do Compostela o vindeiro domingo (17.00 horas) en Pasarón, sen mirar máis aló porque "es un rival directo, aunque en esta liga prácticamente todos lo son, pero si ganas le superas el average, les adelantarías... hay que preparar bien el partido y afrontarlo como si fuera el último de la liga", defende Mario.
Botando a vista atrás, o porteiro do Pontevedra recoñece que "el partido de Coruxo nos hizo mucho daño, aunque fuera el primero que perdíamos" xa que "nos hizo jugar con ese pelín de presión, que no deberíamos". Por fortuna "nos ha costado salir de esa dinámica pero ya está todo olvidado", sinala convencido de poder lograr vencer os encontros que restan.
Para iso sería un reforzo importante poder contar coa afección nas bancadas de Pasarón, algo que polo momento non se dará ao manter a Xunta de Galicia as restricións nos eventos deportivos. "Que esté tu gente apoyando es un plus y hace mucho. Hemos tenido la mala suerte por así decirlo de jugar en otros campos como Ferrol, Zamora o esta semana Salamanca que sí hay público y se nota, quieras que no. Estamos seguros que el día que pueda entrar la gente y apoyarnos será más fácil para nosotros", asegura o gardián da portería granate, listo para o reto de altura que se presenta ante os seus ollos.
Relacionadas:
-
Luisito aposta pola continuidade fronte o Compostela: "Moitos cambios non vai haber"
Por Diego Espiño |
-
Churre apura as súas opcións de entrar na convocatoria fronte ao Compostela
Por Diego Espiño |
-
O cambio de Rufo en Salamanca, só por precaución
Por Diego Espiño |
-
Rufo e Charles enganchan o Pontevedra á liga remontando ao Salamanca (1-3)
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos desvincúlase do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O efecto Luisito non acaba coa seca do Pontevedra (0-0)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |