O Arxil desaparece tras o descanso ante o Magectias e ve perigar a permanencia (55-80)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
A salvación terá que esperar para o Club Baloncesto Arxil tras perder este sábado diante da súa afección no duelo directo pola permanencia ante o Magectias. A fortaleza defensiva canaria foi decisiva na derrota do equipo dirixido por Mayte Méndez, que se desinflou despois do descanso para ceder un parcial en contra de 20 puntos e que non foi capaz de reverter a pesar da boa actuación de Noelia Masiá.
Foron de máis a menos as xogadoras do Arxil, mantendo o ritmo anotador do Magectias a pesar do muro que tiñan formado en defensa (14-17).
Co marcador en contra, as xogadores de verde comezaron a cometer erros nos pases e a mostrar nerviosismo e precipitación cando tiñan o esférico en posesión. Así, o Magectias, da man de Regina Gómez, fíxose cun pequeno pero valioso colchón para afrontar o terceiro acto (26-35).
Despois do descanso, o Arxil desapareceu e encontrouse cun parcial demoledor en contra de 20 puntos. Aínda que o equipo verde tentou non baixar os brazos e volveu a enchufarse no partido cos lanzamentos de Natalia López e Sara Castro, só puido reducir a distancia antes de chegar ao os definitivos 10 minutos (40-57).
No último cuarto Noelia Masiá (18 puntos) tentou manter con vida ao equipo pontevedrés, pero a falta de precisión en ataque das súas compañeiras e a intensidade defensiva do Magectias acabou condenándoas a unha nova derrota (55-80).
Consulta as estatísticas do Club Baloncesto Arxil-Magectias
Relacionadas:
-
O Arxil despídese da tempada con derrota ante o Ardoi (45-62)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil e a Liga Feminina 2, dúas décadas de relación ininterrompida
Por Redacción |
-
O Arxil sentencia no primeiro cuarto e sela a súa permanencia en Liga 2 (40-58)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil loita ata o final pero cae na casa do Barakaldo (68-60)
Por Almu Dapena |
-
Sara Castro lidera a vitoria do Arxil sobre o Azkoitia Azpeitia (73-67)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |