O fútbol pontevedrés de base ponse en marcha máis dun ano despois
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) activa esta fin de semana, máis dun ano despois e tras meses de incerteza, as súas competicións de base.
Isto supón tamén o regreso á acción dos equipos pontevedreses, tanto de fútbol como de fútbol sala.
Todas estas competiciones contarán cun formato exprés, de entre 10 e 16 semanas de duración.
No caso do fútbol, explica a RFGF, seguen o mesmo formato exposto para a Preferente Galicia e para o resto das categorías: tres meses de competición, hai ascensos pero non descensos, unha primeira fase en subgrupos, unha segunda fase polo ascenso entre os clasificados e a novidade é que se creará unha competición de Copa para aqueles equipos que queden eliminados na primeira fase.
As ligas que comezan esta fin de semana son:
- Fútbol: 1ª División Feminina, Liga Galega Xuvenil, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete, Liga Galega Infantil e Liga Galega Infantil Feminina.
- Fútbol sala: Liga Galega Xuvenil masculina e feminina, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete masculina e feminina, Liga Galega Infantil masculina e feminina e Liga Galega Alevín masculina e feminina.
Tras o inicio de todas estas categorías, a Federación traballa agora na activación de todas as competicións de base tanto provinciais como locais, estando previsto o inicio no caso das provinciais para o día 11 de abril.
Relacionadas:
-
Detectados 185 casos de covid no fútbol galego en seis meses, a maioría "fóra do entorno deportivo"
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario da liga 'exprés' de Preferente
Por Redacción |
-
Os clubs deberán decidir que categorías priorizan para adestrar nas instalacións deportivas mentres continúe o toque de queda
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol propón activar todas as categorías de base en formato exprés
Por Redacción |