Iván García segue de doce e cólgase o ouro no Open de España de taekwondo
Por Redacción
Está en plena xeira positiva de resultados. Iván García volveu a demostrar o seu gran momento de forma subindo este domingo todo o máis alto do podio do Open de España de taekwondo celebrado en Benidorm.
O deportista do Mat's de Marín, que xa subiu ao caixón nos open de Turquía e Sofía e que vén de ser bronce no Europeo absoluto, sumou un novo éxito internacional na categoría de +87 quilos para sumar uns importantes puntos no ranking.
García superou con contundencia as súas dous primeiros combates do torneo, primeiro ante o mauritano Jonathan Laurent (9-1) e despois fronte a todo un subcampión olímpico en 2012 como o gabonés Anthony Obame (11-0), ao que xa gañara en Sofía. Pola súa banda na semifinal enfrontouse ao francés Omar el Yazidi, de novo con vitoria clara. Xa na gran final, Iván foi superior ao croata Paskoa Bozic vencendo por 13-4.
O Open de España supuxo tamén a volta á competición da súa compañeira de equipo Arlet Ortiz (-57 quilos), superada a infección por covid que lle foi detectada en pleno Open de Turquía e que lle obrigou a permanecer confinada en Istambul. A marinense ademais regresou cun gran resultado, ao conseguir a medalla de bronce en Benidorm.
No seu caso superou á búlgara Vanova en primeira rolda (13-5) e despois eliminou a Nabila Djeda (8-1) para cruzarse nos cuartos de final coa española Marta Calvo, vencendo no punto de ouro (2-0). Na semifinal esperaba a marroquí Nada Laaraj, que a deixou fóra da gran final cun resultado de 6-10.
DÚAS MEDALLAS NA COPA DE ESPAÑA JÚNIOR
En Benidorm tamén se disputou durante a fin de semana a Copa de España Júnior, con outras dúas medallas para o Mat's de Marín.
Sergio Troitiño foi o que conseguiu un mellor resultado ao facerse co triunfo no peso pesado, unha medalla de ouro para a que tivo que superar catro combates. Pola súa banda Yadira Reimúndez (-55 quilos) conseguiu a medalla de prata na súa categoría ao ceder unicamente na final fronte á húngara Ivana Martón.
Relacionadas:
-
Medalla de ouro para Iván García e bronce para Arlet Ortiz no Open de Polonia de taekwondo
Por Redacción |
-
Iván García e Arlet Ortiz regresan cun ouro e un bronce do Open de Estonia
Por Redacción |
-
Yadira Reimúndez e Sergio Troitiño selan a súa clasificación para o Europeo Júnior e Sub-21 de taekwondo
Por Redacción |
-
Baño de ouro para Arlet Ortiz e Iván García, do Mat' s de Marín, no nacional de combate de taekwondo
Por Redacción |
-
Experiencia 'olímpica' en Manchester para os deportistas do Mat's
Por Redacción |
-
Iván García, bronce no Campionato de Europa Sénior de Taekwondo
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz deixa atrás o seu peche en Turquía e volve a casa tras superar a covid
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz dá positivo por covid en plena competición do Open de Turquía, no que Iván García leva o ouro
Por Redacción |
-
Iván García colga a medalla de prata no Open de Sofía de taekwondo
Por Redacción |