Bo papel do piragüismo pontevedrés na I Copa de España Sprint 2021
Por Redacción
A primeira Copa de España de Sprint Olímpico da tempada, celebrada durante a fin de semana no encoro asturiano de Trasona, deixou grandes resultados para o piragüismo pontevedrés.
Na clasificación por equipos, aínda que o vencedor foi o Club Piragüismo Aranjuez con 1174 puntos, os clubs das Rías Baixas renderon a gran nivel, cun cuarto posto final para a EP Ciudad de Pontevedra (454 puntos) e o quinto lugar do Breogán do Grove (429 puntos).
Diego Romero (Breogán) conseguiu unha das primeiras medallas ao colgarse a prata na final de C-1, que contaba con sete representantes galegos, mentres que Carla Sieiro (Piragüismo Poio-Pescamar) conseguía o terceiro posto en C-1 sénior.
Pola súa banda en categoría xuvenil Diego Domínguez (Breogán) conseguía o ouro, e Valeria Oliveira (Piragüismo Poio) levaba a vitoria por diante de Claudia Couto (EP Ciudad de Pontevedra).
Nas embarcacións dobres, concretamente no C-2 sénior, impoñíanse David Barreiro e Noel Domínguez (Breogán), superando a Adrián Sieiro e Sergio Vallejo (Piragüismo Poio).
Pola súa banda no K-2 500 feminino, Jennifer Casal e María de la Peña (EP Ciudad de Pontevedra) conseguían facerse co bronce.
Terceiros foron tamén en categoría xuvenil Diego Domínguez e Pedro Díaz (Breogán) no C-2, mentres que Claudia Coto e Lucía Graña (EP Ciudad de Pontevedra) facíanse coa medalla de prata na súa proba.
A Copa de España terminaba o domingo coas finais de K-4 e C-4, cunha loita na canoa masclina entre as embarcacións do Breogán e Piraguismo Poio, decantándose a vitoria para a tripulación do Grove.
Por último, no paracanoe Enrique Navas (Breogán) obtivo un bronce e Andrea Galego (Breogán) un ouro.
Relacionadas:
-
O Río Verdugo de Piragüismo, un club que está quedando pequeno
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome e Antía Otero gañan o selectivo do C-2 500 e tamén se clasifican para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
O piragüismo pontevedrés, entre os mellores no Campionato de España de Novas Promesas en Banyoles
Por Redacción |