Os xuvenís do Cisne esmagan ao Luceros e proclámanse campións da Liga Galega (29-34)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
Os xuvenís do Cisne proclamáronse campións da Liga Galega este domingo tras vencer con claridade ao Luceros no Pavillón Municipal de Pontevedra. O equipo pontevedrés, venceu o sábado ao Xiria por 29-21, vitoria que lle deu o pase á fase final da liga Galega de Balonmán na que esmagaron aos de Cangas por 29-34. Pola súa banda, o Luceros accedeu ao partido decisivo despois de gañar na prórroga ao Carballal.
Foi un partido fácil para o Cisne, que se puxo co partido para os cinco minutos de xogo cun parcial de 1-5. Toda unha exhibición do lerezano que presaxiaba o que ocorrería durante os seguintes compases.
Seguiu aumentando a renda o Cisne en ata seis goles, deixando ao Luceros tocado e sen practicamente opcións cando se alcanzaba o cuarto de hora de xogo (5-11), obrigando o tempo morto do técnico local. Non deu coa tecla o adestrador, senón que os brancos apertaron ante a incapacidade defensiva do rival, colocando o 6-14 no luminoso.
Nese momento pasouse aos mellores instantes do Luceros, que aproveitou as boas paradas do seu gardameta para facer un parcial de 2-0 e reducir diferenzas.
Pouco durou a alegría aos visitantes. O Cisne pasou como un titán na área rival para poñer o 11-20 co que se alcanzou o descanso.
A segunda metade seguiu unha tónica diferente á primeira. O Luceros soubo conter a hemorraxia tratando de ti a ti a un Cisne ao que lle respondía cada ataque. Así, alcanzáronse o últimos quince minutos de xogo cunha repartición de sete goles para ambas as escuadras que supuxo un resultado de 18-27.
Xa nos compases finais, os pontevedreses baixaron as brazos, a vitoria xa estaba no peto. Aproveitou esa situación o Luceros para maquillar o resultado dunha final que concluíu en 29-34.
Relacionadas:
-
O Cisne, brillante en defensa, esmaga o Gijón no Nacional Xuvenil (28-15)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Convincente estrea do Cisne no sector do Nacional Xuvenil superando con claridade o Bidasoa (30-23)
Por Diego Espiño |
-
O Cisne, a por todas como local nun sector do Nacional Xuvenil "complicado"
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra será sede dun dos sectores do Campionato de España Xuvenil Masculino de balonmán
Por Diego Espiño |
-
"Disfrutar de la liga", obxectivo para un Cisne que pode certificar o seu descenso na cancha do Bidasoa
Por Diego Espiño |
-
O Pavillón Municipal acollerá a fase final da liga galega xuvenil de balonmán
Por Redacción |
-
O Cisne cae con orgullo ante un Valladolid superior (25-30)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |