Aprazado o partido entre o Arosa e o Somozas ao detectarse un positivo por covid no equipo coruñés
Por Redacción
O Xuíz de Competición da Real Federación Galega de Fútbol notificou o aprazamento de dous partidos da última xornada da liguiña de ascenso na Terceira División, o Grupo C, ao detectarse un positivo por covid nun xogador do Somozas.
O conxunto coruñés debía enfrontarse o vindeiro domingo 9 de maio ás 18.00 horas na Lomba ao Arosa, nun partido importante para definir a orde da clasificación final e por tanto o factor campo de fronte ao play- off definitivo pola última praza de ascenso á Segunda RFEF. Os de Vilagarcía de feito defenden a súa terceira praza, que lle daría dereito a xogar as dúas eliminatorias como local.
Debido á súa influencia noutros partidos, o Xuíz de Competición decretou á súa vez o aprazamento do Alondras-Polvorín, fixado á mesma hora do domingo.
A intención, confirma a Real Federación Galega de Fútbol é fixar o partido "nunha nova data o máis próxima no tempo que se determinará por este órgano tan pronto como se acrediten todas as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".
Relacionadas:
-
O play-off do Arosa, aprazado por un positivo por covid no Choco
Por Redacción |
-
O aprazado Arosa-Somozas xogarase o 23 de maio, e a fase de ascenso desde o 30
Por Redacción |
-
Adeus ás opcións de ascenso directo para o Arosa tras caer en As Eiroas co Bergantiños (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Ribadumia levan os tres puntos ante o Polvorín e o Arzúa
Por Almu Dapena |
-
Importante vitoria do Arosa na súa visita ao Somozas (0-1)
Por Almu Dapena |